Vistas de página en total

jueves, 21 de marzo de 2019

GONNABA O PARRULO "B" 7 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Os nosos rapaces, non conseguiron traer nada positivo da sua visita a Ferrol, na xornada vinteun do campeonato ligueiro.
Un encontro no que se atoparon cun rival que non baixou o pistón dende o minuto un, e que deixou duas partes ben diferenciadas.
No primeiro acto, e a pesar da presión local, os vermellos sentíronse bastante cómodos.
Saindo con contragolpes a cada cal mais perigoso, tomando unha renta de dous goles, e inclusive desperdiciando as mellores ocasións.
Duas xogadas ailladas, a segunda delas no derradeiro segundo antes do descanso,  establecían unha igualada que un chisco antes semellaba disparatada.
Outro cantar sería  o segundo periodo.
Os de Pazos sairon tocados polo derraeiro gol encaixado, e cando se quixeron dar conta, xa estaban dous mais por abaixo.
Acabouse o partido ahí para nos, a pesar de tentar dar a cara.
Algún tiro ó pau, e gol  de Diego, facían rexurdir a esperanza, pero pronto levaríamos outra lavazada.
Eles continuaron ó seu, sen piedade por un rival claramente tocado, que nin co porteiro-xogador conseguiría comprimir o resultado, mais ben ó contrario.
Un marcador contundente, que nos deixa nunha situación comprometida, e de paso pon patas a arriba a liga, con seis equipos en tres puntos de distancia.
Un título que como se adoita decir nestes casos, vaino levar o menos malo.

GONNABA O PARRULO "B": Angel, Diego, Raul, Miguel C.(2) e Miguel R.(3), Joel, D. Naveira, A. Naveira(1), Daniel, Alejandro, Ignacio(1) e Andrés.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza, Jonas, Jony(1), Luis(1) e Sergio; Martín, Jony Costas, Alex, Vidal, e Diego(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.7) Contragolpe 3x2, Jony Costas dalla a Jony, que controla, e bate ó porteiro por entre as pernas na sua saida.
  • 0-2 (min.8) Jony consegue asistir a Luis ó borde da área, e o dez que finaliza de primeiras.
  • 1-2 (min.17) Balón longo a Miguel R. exercendo de pivot, que se revolve, e marca por alto ante a saida de Bizza.
  • 2-2 (min.19) Falta en liña de puntos, disparo que se lle escapa a Bizza, e o rexeite aproveitao novamente Miguel R.
  • 3-2 (min.22) Disparo coa dereita dende a frontal de A. Naveira que sorprende a Bizza algo tapado.
  • 4-2 (min.24) Pelota longa que protexe Diego en defensa, mais que posible falta no roubo, e chut cruzado de Ignacio.
  • 4-3 (min.25) Asistencia de Jonas ó desmarque de Diego, que define no 1x1 co porteiro.
  • 5-3 (min.31) Miguel R. consegue levarse varios rexeites na lateral, e anota cun disparo polo primer pau.
  • 6-3 (min.33) Miguel C. marca dende a liña de puntos nunha réplica do terceiro gol.
  • 7-3 (min.39) Accion de Miguel C. que anota cun disparo raso que non consegue atallar Bizza.




No hay comentarios: