Vistas de página en total

jueves, 7 de marzo de 2019

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 2 PRAIAS DE BARREIROS C.D.

Chegou ó fin a tan ansiada victoria que se nos facía esquiba dende había tres xornadas.
Non é que o equipo ofrecera nada moito mellor con respecto a partidos anteriores, porque o desacerto de cara á porta contraria volveu a ser a tónica vermella, só que nesta ocasión, a sorte estaría do noso lado nos minutos finais.
Dominaron os da casa a contenda, ante un rival que se vaciou defensivamente sobre a pista, e que tamén sabía crear perigo de vez en cando.
O 1-1 ó descanso deixaba todo aberto para o segundo tempo, e a nos, o ruxe ruxe de xornadas pasadas, onde o feito de dilapidar tanta ocasión de gol nos abocabaría a outro resultado axustado.
Comezaba o segundo tempo co mesmo patrón, e cando semellaba que o choque ía quedar sen dono, Jose, lograría aliviarnos co 2-1 nunha acción un tanto aillada.
Maior tranquilidade agora no noso bando, e as obrigas instaladas na parte contraria, o que aprobeitaríamos para nunha transición, coller algo mais de renta, 3-1.
Os minutos finais ante o porteiro-xogador, serían un auténtico suplicio para os locais.
Dous tiros ó pau, e un paradón de Kuka, eran presaxio do seu merecido gol final, que chegaba, por "sorte", case sen tempo para mais.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Kuka - Jose(1) - Jony - Luis(1) e Diego(1); Carnero, Jonas, Alexis, Alex, Vidal e Sergio.
PRAIAS DE BARREIROS F.S.: David R. - Antonio S. - Borja(1) - Miguel e Diego(1); Ruben, Cesar, Adelson, Gabriel e David F..

GOLES:

  • 0-1 (min.9) Roubo, e balón que aprobeita Diego para bater cruzado a Kuka.
  • 1-1 (min.16) Xogada colectiva, e Luis que asiste de primeiras ó segundo pau para que remache Diego.
  • 2-1 (min.30) Saque de banda, e zapatazo cruzado de Jose que bate no pau e se vai adentro.
  • 3-1 (min.37) Xogada individual de Alexis, que asiste a Luis para que marque a pesar dos intentos dun defensor sobre a liña.
  • 3-2 (min.38) Elaboración de cinco que logramos  interceptar, pero logo de varios rexeites, a bola queda morta ós pes de Diego que consegue materializar. 

No hay comentarios: