Vistas de página en total

viernes, 12 de junio de 2009

NON PUIDO SER

Impresionante,espectacular,incrible, estes son alguns dos calificativos que deberia recibir o partido dos xuvenis ante o Riazor FS disputado este sabado e no que os nosos perderon 4-5 decindo adeus a final do campionato galego.
Un gol a falta de 3 segundos para o final deu o pase aos coruñeses a final evitando asi o lanzamento de penalties, foi unha eliminatoria moi igualada como ven se ve no resultado global(8-9) e no cal os nosos conseguiron algo moi importante devolver a ilusion a afeccion que respondeu a chamada da directiva metendo mais de 200 persoas no pabillon e animando mcon canticos,bombos,trompetas e metendo unha gran presion.
Dende esta paxina queremos dar as grazas ao equipo polo esforzo realizado.

En nome do equipo xuvenil,corpo tecnico e directiva GRAZAS AFECCION

Para rematar un mal sabado no que a sorte non nos axudou o equipo senior empataba a 3 en Salvaterra nun mal partido dos nosos, polo que o ascenso quedaba na loteria dos penalties nos que os salvaterrans tiveron mais fortuna e conseguiron o ascenso a autonomica polo que os nosos agora deben esperar que os arrastres sexan positivos para os nosos intereses e lograr asi o ansiado ascenso.
Tamen queremos felicitar o equipo senior pois fixo unha gran campaña con un equipo moi xoven, e dar as grazas a afeccion polo apoio prestado todo o ano ao igual que este sabado en Arantei.


No hay comentarios: