Vistas de página en total

miércoles, 29 de septiembre de 2010

Fin de semana de victorias

O equipo senior venceu en Baiona 4-5 , nun partido moi igualado dende un principio, que se decantou o noso favor a falta de 5 centesimas para o final cun gol de Eloy.

O equipo comezou regalando 2 goles ao Baitra, lastre co que tivo que traballar toda a primeira parte ata conseguir o empate a 2 a falta de 4 minutos para o remate do primeiro tempo, pero volveu a sair dormido e na primeira xogada da segunda parte un novo erro defensivo levou o 3-2 o marcador. Duas xogadas de segunda pau, iniciadas por Jacobo e rematadas por Manu, xunto con un gol do Baitra levaron o 4-4 o marcador que xa parecia definitivo, pero outra boa xogada de segundo pau a falta de un segundo para o remate do partido fixo que sumasemos os tres primeiros puntos da temporada.

Pola sua banda os xuvenis golearon ao ADFS Bueu no ultimo amigable da pretemporada por 9-1, esta victoria sube a moral do equipo, pois o bueu tratase dun equipo de Nacional, o cal deixa as claras que os xuvenis deben ser este ano un dos favoritos ao titulo provincial, destacar o partido de Diego,Jacobo e Javi en ataque, e o impresionante encontro de Guille e Chicho en defensa, xunto co gran partido de Diego na porteria, os novos como Gonzalo ou Jose vanse adaptando pouco a pouco ao equipo.

En canto a benxamins e alevins destacar que foron anotados ao Torneo Cidade de Vigo que se xogara todos os sabados e domingos de este mes de Outubro.

No hay comentarios: