Vistas de página en total

miércoles, 6 de abril de 2011

Con toda a ilusion a Bembrive

O equipo xoga este sabado en  Bembrive un partido que pode pasar  a historia do clube, pois e a primeira oportunidade que ten o equipo nos seus 19 anos de historia de ascender a nacional B  e proclamarse campion do seu grupo autonomico(xogando asi a vindeira edicion da Copa Xunta, co que equipos de division de honra ou prata poderian vir a Pazos con un pouco de fortuna). Para lograr este mito chegaria con perder de tan so un gol na cancha do segundo clasificado, pero o equipo sabe que non se pode especular co resultado e xogara o partido como se tratase de outro partido calquera que haxa que gañar, pero sabedores de que e a primeira das 4 oportunidades das que dispondremos, ainda que esperemos aproveitar a primeira, para esta importante cita o equipo viaxara con todo o plantel dispoñible: Esteban,Bizza, Hugo,Jacobo,Fon,Eloy,Manu,Marcelo,Mon e Jose.

Dende  o clube voltamos a pedir a axuda da afeccion neste importante partido e sentirmos asi arroupados no pabillon de Bembrive para poder cantar o aliron e convertir asi nunha festa a visita do Redondela FS  a semana seguinte no derby comarcal.


SORTE RAPACES, VILAREAL ESTA UN POUQUIÑO MAIS PRETO

No hay comentarios: