Páginas vistas en total

domingo, 17 de abril de 2011

Espectaculo en Pazos

O equipo venceu ao Redondela FS, nun partido rodeado dun gran ambiente festivo e cunhas gradas que presentaban un espectacular aspecto, no cal mostramos as variadas virtudes do equipo a pesar das numerosas baixas. A saida da presion que efectuaba o Redondela en toda pista foi a clave para que o resultado chegase ao descanso cun claro e xusto 3-0 despois de que un espectacular Bizza detivese un penalty con 2-0. Chegouse a segunda parte e o Redondela baixou un pouco a presion o cal aproveitou o equipo para ter posesions largas e meter balons ao pivot, outra das grandes virtudes deste equipo, e con este dominio chegamos a un comodo 6-0 que o Redondela ao final maquillaria a falta de 2 minutos.

Este e o camiño a seguir, pois esperannos 2 partidos para seguir preparando o campionato galego, que sera fronte o Autocares Pombo coruñes que ven de proclamarse campion do grupo norte esta semana con 2 semanas de antelacion e uns numeros impresionantes.

Dende a directiva,corpo tecnico e xogadores queremos dar as gracias a afeccion e simpatizantes polo espectacular aspecto que presentou o pabillon e polo seu apoio, esperemos que o ano que ven sigan vindo ao pabillon.
Ademais dar as gracias tamen ao Concello pola sua disposicion a colaborar nesta pequena festa.

E xa por ultimo desexarlle as maiores das sortes ao Clube Redondela Futbol Sala.

No hay comentarios: