Vistas de página en total

domingo, 22 de mayo de 2011

Un pasiño mais cerca

O equipo senior deu un paso de xigante de cara a facerse co titulo galego tras vencer 2-6 en Coruña ao Autocares J.Pombo. O resultado igual e algo excesivo pero o rendemento de todos e cada un dos xogadores foi de 10.
O equipo saia un pouco nervioso pero ainda asi fallaba duas claras ocasions para pornos por diante, cousa que non faria o Pombo que si se adiantaria nunha das suas primeiras chegadas, pero isto poria as pilas ao equipo,que parecia quitarse a presion de encima con este gol, e  marcaria o empate dous minutos despois.
Entrouse nun intercambio de golpes durante os ultimos minutos que aproveitaria o Pombo parafacer o 2-1 a falta de 28 segundos para o descanso nunha gran xogada individual culminada no segundo pau. Pero nestes momentos criticos o equipo saca a casta e Marcelo transforma maxistralmente unha falta a falta de 8 segundos para facer o 2-2 co que se chega o descanso.
A segunda parte so ten unha cor, xa que o equipo mostra o seu mellor futbol sala e crea innumerables ocasions, que xunto a gran actitude defensiva e varias paradas de merito de Esteban fai que o marcador chegue a un 2-6 que nos pon as cousas de cara, pero que para nada sentencia a eliminatoria,xa que o Pombo e un gran equipo que pode remontar en Pazos.
Para que isto non suceda necesitamos o apoio da afeccion,sabemos que non nos ides fallar, e que como sempre que vos precisamos estaredes no pabillon animando para facer ao equipo campion galego.

Por ultimo dar as gracias ao Autocares J.Pombo pola gran acollida dada e pola deportividade(mutua) amosada na pista e nas gradas pola sua afeccion.

VAMOS RAPACES QUE A FONTE ESPERA OUTRA VEZ

No hay comentarios: