Vistas de página en total

miércoles, 26 de octubre de 2011

Partidazo

Partido igualadisimo e super emocionante o vivido este sabado no Municipal. O Partido comezaba cun Leis levando o peso do encontro e cunha rapida combinacion tras 2 parades consecutivas facia o 0-1. Parecia que estabamos pagando a nosa inexperiencia e xuventude, pero nese momento saiu a casta do equipo, que comezaba a sacudirse o dominio dos pontevedreses para empatar o encontro a 1.
O partido viviu uns minutos de locura do cal se aproveitou o Leis para facer o 1-2 que rapido neutralizaria Jacobo facendo o 2-2 despois de anotar un penalty tras mans dentro da area visitante.
Na segunda parte fomos superiores, pero o gol non chegaba, e tras uns minutos nos que o Leis o estaba pasando mal fan  o 2-3,tras un tiro dende a sua propia area que se estrela no longueiro e aproveitan o rechace para anotalo gol.
Un duro mazazo sen dubida, pero outra vez fomois capaces de repoñernos e levar o peso do partido para empatar a 3. Pero volviase a repetir o tonica de todo o encontro, dominio local e gol visitante a contra, polo que outra vez tocaba remar contra corrente tralo 3-4 visitante, fruto do agobio local, os visitantes poñense con 5 faltas, e tras varias ocasions clarisimas non materializadas dispoñen de un dobre penalty a falta de 1 minuto que Rober aproveita para facer o 4-4. O Leis saca porteiro xogador e ponnos en apretos en dous ataques consecutivos, pero nun roubo de Eloy a falta de 20 segundos, os pontevedreses teñen que facer falta, polo que dispomos de outro deobre penalty que esta vez Barcala deten a Rober.
Quedaba unha xogada na cal unha mala defensa permitiu ao Leis achegarse a porteria e dispor dunha clara ocasion no ultimo segundo que milagrosamente sae fora.
Polo tanto o resultado podese considerar de "xusto", cunhaparte para cada equipo, espectacular ambiente no pabellon, cunha afeccion que non parou de animar en todo o partido.

O vindeiro sabado non habera liga, pero o martes dia 1 recibiremos a todo un Lobelle de Santiago as 18 horas no Municipal de Pazos, esperamos a vosa asistencia e apoio neste gran partido.

Pola sua banda derrota dos xuvenis por 0-7 ante o Lavadores nun partido no que habia baixas importantes, pero as calaes non xustifican a penosa imaxa mostrada.

No hay comentarios: