Vistas de página en total

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Homenaxe ao futbol sala

O dia de hoxe pasara a historia, e dificilmente se borrara da memoria dos amantes do futbol sala da zona.

Visitabanos todo un Autos Lobelle de primeira division, que non reservou nada e trouxo a todo o seu plantel a Pazos, polo que o espectaculo estaba garantido. Ata aqui todo entraba dentro dos plans , pero o que non nos podiamos nin imaxinar era o que ia aconteceder na hora e media seguinte. Un pabillon totalmente ateigado, con 500 persoas nas gradas non parou de animar con canticos, bombos e trompetas, un verdadeiro espectaculo digno de ver que sumado a gran motivacion de todos e cada un dos compoñentes do plantel fixo que o partido chegase aos penalties onde un incrible Carlos Barron, con dous paradons, fixo que o soño de alcanzar a Final Four non se cumplise.
Pero nin sequera esta derrota fixo que a tarde de hoxe sexa triste, todo o pabillon despediu ao equipo de pe cunha sonora ovacion, e os propios membros do Lobelle recoñeceron o traballo e teson mostrado polos 10 valentes que hoxe defenderon o noso escudo.
Sen lugar a dubidas unha tarde inesquecible e historica a que nos regalou esta xeneracion de xogadores que non para de dar alegrias a aficion, ademais moita xente que habia tempo que non estaba no Municipal voltou a ver un partido e esperamos enganchalos outra vez a este maravilloso equipo.
A cronica do encontro esta perfectamente detallada na web oficial do Lobelle, da cal vos deixo aqui unha ligazon.  http://www.autoslobellefs.com/index.asp-Q-N-E-el-a.-lobelle-de-santiago-fs-vence-por-penaltis-a-sd-pazos-fs-y-se-clasifica-para-semifinales-de-copa-xunta,50703067
Voltamos dar as grazas ao Lobelle polo trato recibido, o cal deixa claro con pequenos detalles que e un equipo grande(quizais outros deberian tomar nota) ao cal lle desexamos o mellor, e dende hoxe ainda ten mais simpatizantes na zona, os cales bastantes acudiran este sabado a animalo no seu dificil encontro co FC Barcelona.


GRAZAS RAPACES
GRAZAS AFICION
GRAZAS LOBELLE

En breve subiremos fotos e videos dun partido historico.

Para este sabado toca volver a competicion ligueira, e rendimosvisita a un dificilisimo campo como e o do Vilamartin, sabemos que coa actitude e ganas de hoxe imos ter opcions de gañar, pero debemos seguir nesta incrible liña mostrda hoxe onde plantamos cara a todo un LOBELLE DE SANTIAGO.

No hay comentarios: