Vistas de página en total

martes, 28 de febrero de 2012

GRAN COMEZO DO SD PAZOS

Bo partido de futbol sala o vivido o sábado pasado no municipal de Pazos. O Rececende FS, visitou Pazos e demostrou ser un equipo que sabe xogar a este deporte.
Un inicio de partido complicado pós nosos con escasas ocasións por parte do equipo rival, que conseguiu adiantarse no marcador tras sendos rechaces da de fensa locataria. A raíz deste resultado o Pazos subiu a línea de presión para crear inumerables ocasións que sempre toparon a mesma resposta por parte do porteiro visitante, que conseguía parar cantas ocasións de gol creaban os nosos. Así chegaríase o descanso, co 0-1 no luminoso.
A segunda metade, foi donde o partido comezou a decantarse para o SD, que cunha presión a toda pista consegue darlle un ritmo alto o encontro e porse por diante no marcador cun 2 a 1, que nunha rápida contra chegaría de novo o empate o marcador.
Noutra xogada ben culminada o segundo, Eloi, adianta de novo os nosos. Trás un erro na defensa, entregando o balón o Rececende, deixa un claro man a man, que culminado a perfección pon de novo o empate.
Os últimos 6 minutos do encontro, decantan a balanza para os locais, que, en primeira instancia, Rober e en segunda Jacobo, dende os 10 metros poñen o definitivo 5-3.
O Rececende tentouno con porteiro xogador, pero unha gran defensa do Pazos, mantivo a liña o ataque do equipo visitante.
Un partido moi traballado, sobre todo no terreo defensivo, conseguindo así que os tres puntos se quedaran en Pazos.
O próximo Sábado esperános o Bembrive claro candidato o ascenso. Esperemos estar a altura do partido e tentaremos porlle as cousas o máis complicadas posible.

Derrota dos xuvenis por 8-5 ante o Calvario, era un partido clave na pelexa polo titulo, e aos nosos puidolles a presion e fixeron un dos peores partidos do ano, esperamos voltar a senda da victoria o vindeiro sabado ante o Arealonga para poder seguir pelexando polo titulo ata o final.

Victoria dos alevins 4-3 ante o Treboada, con esta victoria sumada a derrota do Miralba os alevins consolidanse no liderato do grupo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grandisimos, a seguir asi.