Vistas de página en total

jueves, 8 de marzo de 2012

TROPEZO ANTE UN GRAN BEMBRIVE

O sábado pasado vivimos un intenso encontro no municipal de Bembrive.
O partido comezou cunha clara posesión de balón a favor do Bembrive. Así, no minuto 15 da primeira parte un erro defensivo pon o 1-0 no marcador, cun impresionante disparo de Mario que remata na escadra da portería defendida por Esteban.
Despois do saque de centro, seguindo a mesma tónica, o equipo locatario mantén a posesión de balón e o 2-0 non se fai esperar. Un man a man co noso porteiro, culminado con algo de fortuna, despois de tocar en Eloi, pon unha amplia vantaxe de cara o Bembrive, que aínda tendo só dúas ocasións de gol, foi quen de rentabilizar ditas ocasións para porse por diante.
A falta de 3 minutos para o descanso, unha falta a prol da Sociedade, pon o 2-1.
Nun saque de corner, chegaría o 3-1. Unha bolea rematada e rexeitada por Esteban, deixa un balón morto na área para que a porta vacía remate a placer un xogador do Bembrive.
Resultado este co que se chegaría o ecuador do partido.
Na segunda parte, é cando chegou o mellor xogo dos nosos.Subindo a presión a tres cuartos de pista, tornaríase a posesión de balón para a Sociedade.
Creamos ocasións que non fomos quen de materializar.
O ritmo no xogo, e intensidade en ataque pon o equipo local con cinco faltas en contra.
A falta de acerto en ataque, fai que a falta de 5 minutos para o remate do encontro, saquemos porteiro xogador.
Así, cun libre indirecto, Eloi pon o 3 a 2 no electrónico.
Nunha contra do Bembrive ponse de novo a renta de dous goles a faovor do equipo local.
A falta de un minuto para o final, Jacobo, de doble pon o definitivo 4-3.
Resultado que deixa un mal sabor de boca, dado que a falta de 7 segundos, outra vez, Jacobo, falla un claro balón para empuxar no segundo pau.
O próximo partido, será contra outro claro candidato o ascenso, O Esteo. Xogaráse no municipal de Pazos o sábado 17.

Os xuvenis venceron 11-4 ao Arealonga, e resistense a deixar de pelexar polo titulo a pesar da derrota do sabado pasado.

Victoria dos alevins por 1-3 ante o Garcia Barbon, con esta victoria consolidanse no primeiro posto e estan moi cerca de ser campions de grupo.

No hay comentarios: