Vistas de página en total

jueves, 13 de septiembre de 2012

NOVA TEMPADA

A S.D. Pazos Fútbol Sala comeza unha nova tempada militando na terceira división do fútbol sala nacional como xa fixera a campaña anterior. O obxectivo do equipo para este ano non e outro que o de dar  continuidade o que se fixo a tempada pasada, tratando así de consolidarse nunha categoría tan igualada como é esta.
Con respecto as novidades no plantel os cambios son poucos pero importantes. No apartado de altas destacar a volta o clube de MARCELO, que se fai cargo do equipo como adestrador e tamén aportará como xogador, labor que xa levara a cabo na sua anterior etapa no clube. Outras altas son, a de LUIS (ex-Coruxo F.S.) que tamen regresa despois dun periplo de cinco anos xogando na segunda división B e a de BORJA que remata a sua etapa de xuvenil e pasa a formar parte do primeiro equipo. O clube continua a traballar nalgunha incorporación mais que dé por cerrado o plantel.
Se son poucas as novidades no apartado de incoporacións, por sorte tamén o son no de baixas, ainda que de gran relevancia; os xogadores que deixan a disciplina do clube son: MANU por motivos persoais e ELOY por decisión propia. Dar MOITAS GRAZAS dende o clube polo feito en todos estes anos.
Con estes cambios, co plantel que tan boa tempada fixo o ano anterior e coa inestimable axuda da nosa afición tentarase seguir facendo crecer o clube. SORTE CHAVALES!!!  

  

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moita sorte compañeiros, levade o nome do pobo x toda Galicia, e recordade: xogadores, adestradores,directivos e afecionados temos que remar para o mesmo lado e ser un EQUIPO.

Fran

Anónimo dijo...

Moita sorte amigos, agora que xa estades afianzados na categoría solo queda ir mellorando e mirar sempre para arriba. Un saludo EQUIPAZO!!!!

rafa

Administrador dijo...

Moitas grazas polos vosos animos¡tentaremos facelo o mellor posible.Un Saludo pos de toda a vida.