Vistas de página en total

domingo, 16 de septiembre de 2012

VENTORRILLO F.S. 4 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Non puido a S.D. Pazos colleitar nada positivo na súa visita a Coruña, ainda que por ocasións, que non por xogo, tal vez mereceu algo mais.
Saltou o equipo á pista co seguinte quinteto: Bizza-Jacobo-Hugo-Luis e Jony, no banquillo agardaban Esteban, Marcelo, Rober e Borja. Nos primeiros compases do encontro o Ventorrillo mostrouse moi comodo na pista, combinando ben e tendo maior posesión de balón; ainda que sen crear ocasións claras de gol. Pola contra, os nosos amosaronse moi dubitativos e imprecisos, tal vez polo nerviosimo de ser o primeiro encontro, ou pola  falta de experiencia ante xogadores tan curtidos coma Edu(ex-Caballiño) ou Javi Alvendiz(ex-Mera).
O 1-0 chegaría pasados cinco minutos,cando un balón ó segundo pau é introducido na sua propia porteria por Luis, nuha falta de entendemento con Bizza. Malos minutos estes, nos que os locais disporían dun tiro mais ó pau, e dun man a man que logra salvar Bizza. Pola sua parte, o Pazos disporía dalgunha ocasión xogando á contra, pero que non soubo finalizar, cousa que si faría o equipo local na sua seguinte chegada a meta, despois dun erro defensivo dos nosos.
Este segundo mazazo pareceu espolear ós visitantes, que lonxe de virse abaixo, comezaron a ter mais posesión, froito da que, despois dun gran pase de Jacobo ó interior da area, Luis de tacón consegue recortar distancias; metendose deste xeito o equipo de cheo no encontro. Sen moito mais, chegaríase o descanso.
Na segunda metade o escenario sería outro, o noso adestrador decide sair a presionar, conseguindo así, dúbidas no rival e boas ocasións de gol. Primeiro Hugo nun  duro disparo, e logo Jacobo nunha xogada individual, estarían preto de igualar o marcador. Logo chegaría a polémica, nunha xogada na que Rober regatea ó porteiro, e este xa vencido toca o balón fora da area; os colexiados sancionan con falta e cartulina amarela, cando a cor debeu ser o vermello, dado a ocasión manifesta de gol. Pese ás ocasións do Pazos, sería o Ventorrillo o que faría outro gol, logo dunha saida de presión na que un choque entre Esteban (porteiro na segunda metade) e Borja deixalle o balón franco ó rival para anotar.
Co 3-1 e a falta de catro minutos para o final, a S.D. Pazos optaría pola táctica de porteiro-xogador; conseguindo Jacobo marcar de tiro lonxano xa no primeiro ataque.
Pasarían moitas cousas nestes intres finais; paradón de Esteban nun dobre-penalti,ocasión de seguido para Jony, e cando se mascaba o empate aparecía a figura de Javi Alvendiz, quen de inapelable zurdazo, colaría o balón na escuadra de Esteban, que nada podía facer.
Parecía finiquitado o encontro co 4-2, pero nada mais lonxe da realidade, xa que, no seguinte ataque de cinco, Jony poría o 4-3 no electrónico. E ainda nos últimos segundos disporía  o Pazos do empate, nunha xogada na que, o porteiro local, logra sacar de forma espectaular un pase de Rober  o segundo pau que Luis só tiña que empurrar.
Remataría así o encontro coa derrota  da S.D. Pazos, que se ben tivo ocasións, non conseguiu facer o xogo que amosara nos amigables anteriores. De seguro tamén, debido o bo xogo mostrado polo Ventorrillo F.S. con xogadores de moita calidade e experiencia.
Dende xa, a pensar no próximo sábado, no que se voltará a intentar gañar.

DAR AS GRAZAS A AFICIÓN QUE VIAXOU CONNOSCO POR  ANIMAR DE COMEZO A FIN.                        

No hay comentarios: