Vistas de página en total

domingo, 28 de octubre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 4 CARBALLIÑO F.S.

Empate a catro goles no encontro disputado onte sábado no municipal de Pazos de Borbén; un partido no cal os locais chegaron a ir gañando por 4 goles a 1 mediada a segunda metade.
Comezou igualada a contenda cos dous equipos tratando de impoñelo seu xogo, se ben eran os de Pazos os que gozaban das mellores ocasións; todas elas desaproveitadas, algunhas veces ata de forma incomprensible.
Sería no minuto nove e medio desta primeira metade cando logra adiantarse o conxunto local, nun balón que Jacobo cede atrás dende a liña de fondo, e que Jony finaliza de tiro cruzado. Con este 1-0 chegarían os mellores momentos dos nosos, xa que, uns minutos despois do primeiro gol acadarían o segundo, boa contra levada por Lito, quen cede cara Luis, e este de primeiras, pásalla a Rober para que no segundo pau anote o 2-0.
Púñase cómodo o partido con este resultado, mais ainda porque os visitantes non eran quen de facer excesivo perigo na meta de Bizza, e as veces que o facían este respostaba con solvencia. Con reparto de ocasións nos intres finais concluía o primeiro tempo.
Mal comezaba a segunda metade para a S.D. Pazos, xa que con tan só trinta segundos transcorridos, o Carballiño, recurtaba distancias nun clamoroso erro defensivo local. 2-1 e partido aberto.
Respostarían ben os nosos ó mazazo, posto que no minuto tres, unha asistencia de Lito, deixa so a Luis diante do porteiro, e este logo de regatealo, anota o 3-1.
O 4-1 conseguiríase vinte segundos mais tarde, nunha estratexia de banda na que, un pase en profundidade de Jacobo finalizao Lito por entre as pernas do porteiro.
Co marcador outra vez moi favorable e con ocasións para matalo partido, ocurriría totalmente o contrario. O Carballiño, pese o resultado seguiu ó seu, querendo o balón e tratando de anotar á mínima oportunidade. No minuto trece, e cun Pazos totalmente ido do encontro, os ourensáns logran o 4-2 nun tiro dende fora da área.
Nuns fatídicos derradeiros minutos, os colexiados enchen de rigurosísimas faltas ós dous conxuntos. Situación esta que pon en disposición de dous dobres penaltis ós visitantes. Esteban logra deter o primeiro, pero non así o segundo, poñéndose no marcador o 4-3.
Faltaban algo menos de vinte segundos para o final cando os de Pazos deciden tirar con dous puntos ó lixo. Saque de banda favorable, absurda perda de balón, un xogador do Carballiño logra irse na banda de tres dos nosos, e de tiro cruzado consegue o empate. Co 4-4, e a pesar das últimas posibilidades dos nosos, finalizaba o partido.
Resultado que premia ó Carballiño por non descompoñerse en ningún momento, e castiga ós nosos por xustamente o contrario.
Marcelo moi desgustado analizaba ó final do encontro "inexplicable o de hoxe, temos que facer autocrítica, e pensar en que non se poden facer dous minutos bos e os tres seguintes pésimos". Luis tamén comentaba "o de hoxe víase vir, as faltas de concentración son constantes, e ademais, estamos super imprecisos tanto nos pases como de cara a porta""queda traballar, e como recordou Marce, mirar cada un de nos a cantidade de erros que cometemos".
Ánimo ó plantel, que disto apréndese, e a gañar o antes posible¡¡¡.
 
 

No hay comentarios: