Vistas de página en total

lunes, 22 de octubre de 2012

S.D. XOVE F.S. 3 - 1 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos non foi quen de acadar ningún punto na súa visita a Xove.
Mal comezaba xa a tarde por mor do retraso do autobús con respeto á hora  prevista de chegada ó pabellón municipal de Xove, factor este que fixo co noso equipo saltara á pista con tan só sete minutos de quecemento. Marcelo dispuxo o seguinte quinteto: Bizza-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Esteban, Marcelo e Borja.
Os primeiros compases de encontro estiveron marcados polo alto ritmo que impuxeron os locais, mentres os nosos trataban de adaptarse ás dimensións e ó propio terreo de xogo.
Xa no segundo minuto de xogo adiantábase S.D. Xove, nun saque de banda con tiro cruzado que encontra rematador no segundo pau. Con este 1-0 a S.D. Pazos tenta tomarlle o pulso ó encontro, pero a  imprecisión nos pases e os erros na toma de decisións fan que isto non suceda.
No minuto cinco un grave erro arbitral ó sinalar unha inexistente man de José, propicia unha falta ó borde da área que aproveitan os xovenses para facer o 2-0. Poñíase moi difícil o encotro con este resultado, mais se cabe por que os nosos non eran quen de intimidar ó porteiro local.
Foron pasando os minutos sen claras ocasións de gol, ata que, no minuto quince o Xove fai o 3-0 nunha boa combinación en ataque. Sen moito mais chegábase o descanso.
A segunda metade comezaba co Pazos presionando en toda a pista, e cuns locais que facían por manter o bo resultado colleitado na primeira metade.
Froito do empuxe, os  visitantes dispuxeron de clarísimas ocasións de gol, nos pés de Borja, Lito ou Jony, que unhas veces se erraban polas boas intervencións do porteiro e outras polas malas finalizacións. Así transcurriron os minutos, ata que no nove, Marcelo de falta directa batía ó porteiro cun punteirazo marca da casa.
Parecía que a remontada era factible, xa que uns intres despois do 3-1, un pase ó interior da área de José, rematao Luis de tacón, e o balón logo de bater nun pau,bate no outro e vai ás mans do porteiro. Acción esta algo polémica posto co balón pareceu traspasar completamente a liña de gol.
Seguiuno intentando o noso equipo pero sen premio, e cos riscos que se corrían, o rival tamén poido aumentar a súa ventaxa.
Todavía quedaría tempo para que os dous conxuntos se quedaran na pista con tres xogadores por sendos rigurosos cartóns, e para que ós de Pazos votaran man da estratexia de porteiro xogador coa que non lograron por en apuros ós locais.
Ó final, sensación de que se puido facer algo mais, pero tamén de que o rival puxo as cousas moi difíciles. 
O capitán José analizaba ó final do encontro "estivemos moi frouxos na primeira metade e eles soubérono aproveitar, na segunda mellor pero erramos as que adoitamos marcar " outro dos capitáns, Bizza comentaba "entramos moi mal á pista e pagámolo, hoxe non era o noso día, desaprobeitamos algunha ocasión moi clara".
MOITAS GRAZAS A NOSA AFICIÓN POLOS SEUS ÁNIMOS DENDE O PRIMEIRO Ó ÚLTIMO MINUTO¡¡¡ 
      
      

No hay comentarios: