Páginas vistas en total

viernes, 14 de diciembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

Tralo parón da semana pasada na terceira división do fútbol sala nacional por mor do festivo, este sábado o noso equipo volta a escena. O rival nesta ocasión será a A.D.F.S. Bueu.
Os de Bueu ocupan nestes intres o posto doceavo da táboa clasificatoria, posición esta un tanto enganosa xa que, do terceiro clasificado a eles só hai sete puntos de diferencia.
O partido resulta clave para os nosos, posto que, de non gañar e co apretada que se atopa a liga por arriba, poderíase caer varios postos na clasificación.
Marcelo valora o encontro: "como nos anteriores choques, teremos que dar o mellor de nos para facernos cos tres puntos, coa igualdade que hai este ano calquer despiste págase""sabemos que son un bo equipo, capaz de empatar na casa do O´Esteo, e con xogadores de calidade como poden ser os casos de Lea ou Juan".
O adestrador de Pazos voltará a non poder contar con Rober nin con Hugo, e terá a dúbida de Bizza ata última hora.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

De momento.vamos gañando 2-1 o fin da primeira parte...vamos pazooos!!!

Anónimo dijo...

Ganamooos!!!3-2.a pesar do mal arbitraxe!!brrr