Páginas vistas en total

viernes, 28 de diciembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O CAFyD

Este sábado a S.D. Pazos Fútbol Sala remata a primeira volta da liga enfrontándose ó CAFyD.
O conxunto pontevedrés visita Pazos coma penúltimo clasificado, con catro puntos no seu haber, froito todos eles de encontros empatados.
Os nosos afrontan este partido, coa desconfianza que dá un rival famento por acadar a súa primeira victoria, e coa ambición de seguir facendo do municipal un feudo inexpugnable.
Marcelo danos a súas impresións sobre o choque "partido trampa este, xa que o lóxico sería gañar, pero no fútbol sala a lóxica non existe""agardo sepamos afrontar o encontro coa maior motivación posible, xa que, eles sairán a por todas e os puntos valen o mesmo que si foran primeiros".
Son baixa para esta partido Bizza e Hugo, o resto do plantel estará á disposición de Marcelo.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: