Vistas de página en total

viernes, 21 de diciembre de 2012

PREVIO PARTIDO CONTRA O LEIS PONTEVEDRA F.S.

Nesta xornada a S.D. Pazos Fútbol Sala xogará en Pontevedra, o rival, un dos clubs mais representativos da provincia, o Leis. O noutra hora conxunto da división de honra do futbol sala nacional, transita nestes intres pola metade da taboa da terceira división, a seis puntos dos nosos.
O encontro preséntase coma un contraste de estilos, xa que, se enfrontan o equipo mais goleador da categoría, S.D. Pazos (72 goles a favor) contra un dos menos goleados, Leis (36 goles en contra).
Lito ex-xogador dos pontevedreses hay tres tempadas cando estes militaban na segunda división B, danos a sua visión sobre o encontro "penso que será un partido igualado , como case tódolos deste ano, mais se cabe neste caso por que os dous equipos nos coñecemos bastante""eles contan con xogadores experimentados coma R. Jimenez, Jorge, Fon ou Fernando, polo que teremos que estar superconcentrados para facernos cos tres puntos".
Marcelo no poderá contar nesta ocasión nin con José, por motivos laborais, nin con Hugo, lesionado de longa duración.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pontevedra ás 17:00.  

No hay comentarios: