Vistas de página en total

domingo, 30 de diciembre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 11 - 7 CAFyD

A S.D. Pazos Fútbol Sala conseguiu unha nova victoria no seu feudo, logrando así rematar a primeira volta da liga na segunda posición.
Comezou con problemas a tarde para os locais, xa que, no quecemento, o único porteiro dispoñible, Esteban, sufriu un forte esguince nunha man, que non lle ía permitir disputar o encontro. Bizza, fora da convocatoria por lesión, tívose que vestir de urxencia para porse baixo os paus.
O quinteto inicial foi o formado por: Bizza-Santi-Jacobo-Luis e Jony, no banco: José, Marcelo, Rober, Lito e Borja.
O partido púxose cedo de cara para os de Pazos; Santi, cun centro-chut que batía nun rival, establecía o 1-0 ós cincuenta segundos de xogo. Non se descomporían os visitantes, quenes trataban de combinar para achegarse ós dominios de Bizza. No minuto cinco o 1-1, pase ó segundo pau, e Santi, no seu intento de despexe, introduce o balón na súa propia portería.
Duraría pouco este resultado, posto que, Jacobo de falta directa, volvía a adiantar ós locais,  tan só trinta segundos despois, 2-1.
O choque era un ir e vir sen control por ámbolos dous conxuntos, e ós sete minutos, voltarían as taboas ó electrónico. Falta ó borde da área dos nosos, e o CAFyD cunha xogada de estratexia fai o 2-2. Transcorrerían os seguintes minutos con reparto da posesión, ainda que quizais creando mais perigo o equipo da casa. Non se traduciu este en gol, e nunha mala saida dun mermado Bizza, os visitantes adiantábanse no marcador, 2-3 minuto doce. Uns segundos mais tarde, e seguindo coa tónica xeral, Luis conseguía o 3-3 cun tiro lonxano.
Co encontro totalmente tolo, Jacobo ten a posilbilidade de adiantar a S.D. Pazos, pero, tras unha boa xogada con Lito, o seu remate vaise ó pau. Terían mais acerto os nosos na seguinte acción, corner a favor, remate de Rober que para o porteiro, e o rexeite colleo Santi para poñer o 4-3,minuto quince. Ainda quedaría tempo antes do descanso para que, no minuto dezaoito, e tras un erro de toda a zaga, empatase o CAFyD, 4-4 ; e para que Jony anotase o 5-4, logo dunha xogada individual de Luis. 
A segunda metade foi un calco da primeira, coa diferencia que neste periodo os locais foron sempre por diante no marcador.
Xa ós trinta segundos o 6-4, gol de Lito de zurdazo cruzado tras un primeiro rexeite á saída dun corner. 
Continuarían apretando os de Pazos, e ós cinco minutos, outra vez Lito, tras un contragolpe, poñía terra de por medio, 7-4. Non estaba todo dito no bando visitante, quen recurtaba distancias no minuto dez co 7-5, e uns intres mais tarde co 7-6.
Con este escenario e con tempo ainda por xogarse calquera cousa podía ocorrer, por sorte, os locais centráronse e foron capaces de rematar o encontro. No minuto catorce, Rober marcaba de tiro raso o 8-6, e no quince, Luis tras asistencia de Yoni o 9-6.
Con catro minutos por xogarse o CAFyD opta polo porteiro-xogador, e xa nun dos primeriros ataques consegue recurtar distancias, 9-7. Quedaríanse ahí os pontevedreses a pesar dos seus intentos, e renunciando xa de todo, cando Jacobo, de tiro que bate nun rival establece o 10-7, e Luis, tras un roubo no xogo de cinco anota o definitivo 11-7.
Partido sen ningún rigor defensivo, descontrolado e con erros impropios desta categoría, pero que alomenos deixou os tres puntos na casa. 

No hay comentarios: