Vistas de página en total

domingo, 16 de diciembre de 2012

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 2 A.D.F.S. BUEU

Victoria moi sufrida da S.D. Pazos Fútbol Sala ante un combativo Bueu que tentou sacar algo positivo de Pazos ata o derradeiro segundo.
O quinteto inicial dos nosos foi o formado por: Esteban-José-Jacobo-Luis e Jony, e no banco agardaban Marcelo, Lito, Santi e Borja.
Comezou o partido con claro dominio dos visitantes, que sairon á pista moito mais concentrados e intensos cos de Pazos. Xa nos primeiros compases fixeron lucirse a Esteban, quen estivo atinadísimo durante todo o encontro. No minuto catro chegaba o merecido 0-1, boa xogada individual de Juan na cal fusila a Esteban. Pareceron espabilar os locais tralo gol, xa que nos seguintes minutos o domino e as ocasións trocaron de bando. 
A piques estivo José de lograr o empate cun tremendo zambombazo de tiro lateral que bateu no pau, pero este non chegaría ata minutos mais tarde. 
Presionaban moi arriba os de Pazos, e froito desta presión, no minuto quince produciuse un roubo de balón de Luis, que cedeu para  Jacobo, e este, so diante do porteiro, definiu cunha sutil vaselina logrando o 1-1. 
Tan so trinta segundos despoís o 2-1, triangulación entre Jacobo e Jony, e preciso pase deste ó segundo pau para que Luis remate á rede. Con este resultado chegaríase ó descanso.
A segunda metade iba a ser tan dificil e igualada coma a primeira.
Non conseguian ter claridade os nosos nas suas accións, moi espesos e imprecisos durante todo o choque, e unha destas imprecisións desembocou  nun contrataque do Bueu xenialmente finalizado por Lea. 2-2 no minuto un e medio e volta a comezar. Repúxose ben a S.D. Pazos deste gol xa que, ós cinco minutos, Luis mandaba ás mallas outro pase de Jony para establecer o 3-2.
Terían opcións de sobra tanto uns coma outros de aumentar a suas respectivas rentas durante o resto do partido, pero a labor dos porteiros evitou que iso sucedera. No minuto oito quedaríanse cun menos os locais por dobre cartón amarelo a Santi, pero a infatigable defensa dos nosos faría que apenas se pasasen apuros nestes minutos de inferioridade, é mais, ainda puideron facer algún gol os de Pazos en dous contrataques levados por Lito.
Continuarían a sucederse as ocasións nos seguintes minutos; un man a man de Lito que salva o porteiro, varios tiros exteriores dos dous conxuntos, e un tiro ó pau do Bueu a saque de esquina. Non se movería o electrónico e así chegaríase ós tres derradeiros minutos, nos cales as pantasmas de tardes anteriores coma contra Carballiño ou Burela "B" deixáronse ver por Pazos.
Apostou polo porteiro-xogador o Bueu nestes intres finais, e a piques estivo de acadar o empate nun disparo que deu en José e se foi ó pau. Non foi así, e os tres puntos ficaron en Pazos.
Marcelo comentou ó remate "partido complicado, no que carecemos de fluidez salvo por momentos, pero no que sí tivemos moita capacidade de sacrificio""eles saíron a por todas e demostraron ser un bo equipo". Esteban, o mellor na tarde de onte "sabíamos que ía ser dificil gañar hoxe, a clasificación non é acorde ó seu rendemento""nos estivemos peor que outras veces pero démolo todo para gañar".  


 

No hay comentarios: