Vistas de página en total

domingo, 27 de enero de 2013

C.D. RECECENDE F.S. 3 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Derrota da S.D. Pazos Fútbol Sala no encontro de onte sábado en A Pontenova, os homes de Marcelo, non se atoparon a gusto en ningún momento sobre a pista facendo así un dos seus peores partidos da tempada.
O quinteto visitante foi o formado por: Esteban-José-Santi-Jacobo e Luis, no banco contouse con Marcelo, Lito, Borja e Jony.
Os de Pazos comezaron o encontro de xeito similar ó da semana anterior, dándolle a posesión ó rival, e tentando sair á contra. Transcorreron así os primeiros minutos, cun Rececende que elaboraba en media pista pero sen crear perigo, e cun conxunto visitante, que non tiña claridade en ataque e perdía moi rápido o balón. A pesar disto, as mellores opcións tivéronas os nosos, o porteiro local, tivo que tirar de reflexos para deter os remates de Jacobo, Luis e mais tarde Lito. 
Con algunha ocasión tamén para os locais detida por Esteban chegaría o 0-1, minuto dez, pase longo de Lito por arriba, e Jony tras gañarlle as costas a un contrario, anota por entre as pernas do porteiro.
A partir deste gol os locais subiron o ritmo, e cun Pazos moi metido atras lograrían o empate no minuto trece, 1-1. Xogada de tiraliñas que desarbola unha lenta defensa dos nosos.
Pouco mais reseñable ata o descanso, a espensas dun claro penalti non sinalado por man do capitán do Recendede nunha caída dentro da sua área. 
O segundo tempo non tería moita historia tampouco, clara posesión dos lugueses, e nula fluidez da S.D. Pazos cada vez que dispuña do balón.
Con ocasións ailladas para ambos bandos foron pasando os minutos, ata que no minuto once, unha xenialidade dun xogador do Rececende desnivela o electrónico. O dorsal sete, ve adiantado a Esteban e cun gran disparo dende o medio do campo establece o 2-1.
Co resultado en contra os nosos tentaron ir a presionar a campo contrario, pero estaba claro que onte non era o día. Chegábase case sempre tarde a roubar, e cando se facía, a elección do pase ou a finalización eran sempre malas.
Faltando tres minutos para o final, e co encontro roto, un desaxuste defensivo era aprobeitado polos da casa para poñer o 3-1. 
Con este panorama, Marcelo pon en liza o porteiro-xogador, e cun minuto e medio ainda por xogarse, Jony, a pase de Luis fai o 3-2. Creron no empate os nosos, quenes  ata o final contarían con outro penalty non sinalado a Jacobo (acabou cos pantalóns nas rodillas tras un agarrón), cun tiro ó longueiro de Jony tras paradón do meta, e con outro tiro ó pau de Lito nos derradeiros segundos.
Ó final, derrota dunha irrecoñecible S.D. Pazos Fútbol Sala, que xogou un moi mal partido ante un rival directo.
Luis comentou ó finalizar o choque " xogamos moi mal hoxe, lentos, imprecisos...""non estivemos cómodos en ningún momento e se aínda por riba non metes as que tes...""temos que recuperar a liña de antes de final de ano, levamos uns encontros moi frouxos e hai que mellorar xa""estamos nun momento clave da tempada para refrendar o conseguido ata o de agora".  

No hay comentarios: