Vistas de página en total

viernes, 25 de enero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O C.D. RECECENDE F.S.

Esta xornada, a dezaoito, o noso equipo volve a viaxar ata Lugo, o rival nesta ocasión será o C.D. Rececende F.S.. O conxunto de A Pontenova non parece atravesar o seu mellor momento da tempada, xa que , despois de pasar gran parte da mesma entre os tres primeiros clasificados, unha xeira de malos resultados colócano neste momento na metade da taboa. Non debe xerar ningún tipo de confianza este dato entre os nosos, posto que, como demostrou no encontro disputado en Pazos, o Rececende, é un rival dificil de bater.
Marcelo contará para este partido, coas tres baixas da semana anterior e polos mesmos motivos.
O encontro disputarase no pavillón municipal de  A Pontenova o sábado ás 17:00.

No hay comentarios: