Vistas de página en total

viernes, 18 de enero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O RIBEIRA DE PIQUÍN F.S.

O conxunto de Pazos desprázase nesta xornada ata Lugo. Enfronte estará o Ribeira de Piquín F.S., quinto clasificado nestes intres a tan só catro puntos dos nosos. O encontro preséntase como unha das saidas mais complicadas que nos agardan, xa que, como demostraron no partido da primeira volta, os lugueses, son un equipo ambicioso e que sae a por todas.
Yoni, un dos xogadores mais en forma, fálanos do choque "agardamos un partido parello, e no que estar moi concentrado dende o primer segundo será fundamental""eles xa nolo puxeron difícil en Pazos, asi que alí seguramente será peor""agardamos recuperar a pegada que nos faltou no partido anterior, e porque non tamén ter algo mais de sorte".
Marcelo segue con problemas na porteria, pois se ben recupera a Esteban, perde a Bizza por motivos laborais. Tamén serán baixa, Rober polo mesmo motivo e Hugo lesionado.
O encontro disputarase o sábado no pavillón polideportivo de Meira ás 17:00.

No hay comentarios: