Páginas vistas en total

viernes, 11 de enero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O VENTORRILLO F.S.

Este fin de semana, tralo parón navideño, reanúdase a competición na terceira división do fútbol sala nacional. Na que será a primeira xornada da segunda volta, os nosos, reciben en Pazos ó Ventorrillo F.S.. Os coruñeses xa demostraron no enfrontamento anterior ser un conxunto moi completo, logrando vencernos no seu feudo por 4-3. Nestes intres son séptimos clasificados con vintecinco puntos no seu haber.
Pola nosa banda, a ambición de continuar a meterlle presión ó lider segue intacta, aínda que sendo conscientes da dificultade que entraña este choque. Marcelo, terá nesta ocasión a importante baixa de Esteban baixo os paus, e a dúbida, de como se atopará Bizza, aínda con molestias. Os demais compoñentes do plantel, salvo Hugo, estarán a disposición do mister de Pazos.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: