Vistas de página en total

domingo, 13 de enero de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 5 VENTORRILLO F.S.

A falta de puntería condenou ó empate a S.D. Pazos na tarde de onte. Mal sabor de boca deixou o encontro nos xogadores de Marcelo, que a piques estiveron de ver como un experimentado Ventorrillo F.S. se levaba os tres puntos de Pazos.
O quinteto inicial dos locais foi o formado por: Bizza-José-Jacobo-Luis e Jony, no banco: Marce, Rober, Santi, Lito e Borja.
Os primeiros compases estiveron marcados polo dominio dos de Pazos, quenes moi metidos no encontro, tiñan o balón e as ocasións. Por desgracia, a habitual pegada dos nosos non faría acto de presenza, e nun erro defensivo no minuto cinco e medio, os visitantes adiantábanse no marcador, 0-1. Mazazo que non descompuxo os da casa, que continuaron encerrando ó rival no seu campo. Logo de errar clarísimas ocasións de gol, como unha de Luis so no seguno pau que vota fora, bos tiros de Santi, e algún balón que se paseou pola liña de gol sen atopar rematador, volveu
a golpear ó Ventorrillo F.S.. Novo erro na marca nun contragolpe, e 0-2 no minuto doce.
Seguiu insistindo o conxunto local, e no minuto trece e medio conseguiría recurtar distancias. Zapatazo de José dende fora de puntos que deixa clavado ó meta coruñes, 1-2. Tras este vital gol, reparto de ocasións que desbaratarían os porteiros, ata que no minuto quince e medio establécese o empate. Luis rouba un balón na área rival, deixa de cara para Jacobo, e este, de durísimo tiro cruzado anota o 2-2. Facíase así algo de xustiza ó que estaba a acontecer na pista, e aínda se puido ir en ventaxa a S.D. Pazos o descanso, si chega aprobeitar un dous para un co porteiro de Luis, que cede para Jacobo, e este tira lambendo o pau. Non se moveu o electrónico chegándose co empate ó final do primeiro tempo.
A segunda metade foi moi semellante a primeira, ocasións dos nosos e efectividade dos visitantes. Aínda así,o capitán dos de Pazos, José, poría o 3-2 no marcador cun misil imparable no minuto sete. Parecía que se ía a endereitar o rumbo do encontro para os da casa, pero como sucedeu durante toda a tarde, o Ventorrillo F.S., tirou de contundencia e empatou o encontro nun saque de corner, 3-3 minuto dez. 
Nos seguintes minutos continuaron as claras ocasións locais, Luis no segundo pau fora, Santi a pase de Lito ó lateral da rede, Jacobo para o porteiro,Lito fora...e ocorreu o que soe pasar nestes casos, contragolpe do rival e 3-4, minuto quince.
Vendo que non era o día, mais se cabe logo doutra opción de gol que ten Borja para empurrar e non consegue anotar, Marcelo opta polo porteiro-xogador. Daría resultado o xogo de cinco, xa que o protagonista da tarde, José, voltaba a sacar un tirazo lonxano que se incrustaba na escadra visitante, 4-4 minuto dezaoito e medio.
Uns segundos mais tarde e co partido roto, xogada de  Javi Alvendíz curtada en falta por Yoni, e el mesmo encargaríase de establecer o 4-5 de tiro directo. 
Foise a polo encontro a S.D. Pazos, que atoparía o seu premio no minuto dezanove e medio, tiro trabado de José, a bola cae nos pes de Luis, e este empuxa a rede, 5-5.
Cando semellaba que non quedaba tempo para mais, chegaría a polémica. Un rapidísimo Yoni roubaba un balón en medio campo, pasáballa a Lito, quen ante o porteiro, devólvella a Yoni, este tira a porta, e o balón é repelido polo brazo dun xogador contrario baixo os paus. PENALTI¡ que veu todo o mundo menos quen o ten que ver, estragando así unha aceptable actuación. Con 5-5 remataba o partido. 
Marcelo comentou tralo encontro "foi unha lástima, tivemos opcións de sobra para gañar, pero tamén é certo que como foi o choque tamén se puido perder""hai que seguir traballando e mellorando".    
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

¡¡PENALTI CLAMOROSO!!