Vistas de página en total

viernes, 1 de febrero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S.

Tra-la derrota da xornada pasada, da que pouco ou nada positivo se pode extraer, esta semana, visita Pazos, un dos conxuntos mais en forma do campeonato, o C. de Vigo I.E.S. Coruxo F.S. Os vigueses veñen dunha impresionante xeira de cinco victorias consecutivas, o que os coloca neste monento quintos clasificados a só tres puntos dos nosos. Por contra, a S.D. Pazos Fútbol Sala atravesa o que quizais sexa o seu peor momento da tempada, a falta de efectivos nos entrenamentos por temas laborais, a racha de lesións na portería, e a baixón fisico dalgún dos xogadores, desembocou no estado actual do equipo. Con so unha victoria nos tres últimos encontros, os de Pazos perderon esa pequena distancia que tiñan cos seus inmediatos perseguidores.
Marcelo sabedor da importancia do choque danos as suas impresións sobre o mesmo "nos non estamos nun bo momento, pero confío no equipo a tope" "penso que a pesar da dificultade deste rival, podemos sacar o partido adiante, a ver se vamos recuperando sensacións e con elas xogo". Bizza que reaparece esta semana tamén comenta "eles ocupan unha posición mais lóxica ó seu potencial, resultaba extraño velos na metade baixa da taboa co equipo que teñen" "nos estamos nun pequeno bache, pero non hai mellor forma de sair del que gañándolle a un gran rival".
As baixas para esta fin de semana son as xa coñecidas de, Hugo lesionado, e Rober, que recén deixou o club. O resto de xogadores estarán a disposición de Marcelo a pesar das molestias de varios deles. 
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: