Vistas de página en total

domingo, 3 de febrero de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 2 C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S.

Empate a dous goles no intenso e emocionante partido que se viviu onte pola tarde en Pazos.
O conxunto local non puido contar co seu adestrador, aqueixado dunha forte lumbalxia, polo que Mon encargouse de dirixir o equipo.
O quinteto dos da casa foi o formado por: Esteban-Jacobo-Santi-Luis e Jony, no banco so se puido dispor de José, Lito e Borja; Bizza non puido xogar con molestias nun xemelo.
Os primeiros compases do encontro foron dominados polo I.E.S. Coruxo, que cunha boa circulación de balón comezaba a inquietar a Esteban. Tras estas primeiras ocasións visitantes, incluido un balón que salva baixo paus Luis, a S.D. Pazos empeza a disputarlle a posesión ó rival. Nos seguintes minutos, as ocasións trocaron de bando, dispondo Jacobo, Lito ou Jony de boas opcións para adiantar ós locais no marcador.
Sería no minuto nove, cando nunha estratexia de corner, José, a pase de Santi logra o 1-0. Eran estes os mellores momentos dos de Pazos, quenes cunha insistente presión, afogaban os intentos  de combinar dos vigueses. No minuto doce, Lito roubaba un balón en media pista, avanzaba, e de tiro cruzado coa esquerda puña o 2-0 no electrónico.
Non baixaría o pistón o noso equipo a pesar do bo resultado, e só un minuto mais tarde, Jony dispón dun man a man co porteiro ben resolto por este. Estaba un pouco desconcertado o I.E.S. Coruxo neses intres, xa que non conseguía trenzar xogadas con claridade, e cando o facía atopábase sempre con Esteban.
Faltando minuto e medio para o final da primeira metade, os colexiados sinalan unha rigurosísima falta de Jony, concedéndolle con ela, un lanzamento de dobre penalti ós visitantes. Executa Mario e o balón vai o pau, dúrmese a defensa local no rexeite, e un xogador do I.E.S. fusila a Esteban, 2-1.
A pesar deste gol pareceron non descomporse os nosos, Jacobo na seguinte acción de ataque, quedábase só ante o porteiro, pero o seu intento de baselina era despexado por este. Cuns desastrosos últimos segundos da S.D. Pazos que lle puideron custar o empate, remataba a primeira metade.
Na segunda metade o ritmo caeu, mais se cadra do noso lado, posto que ante a escaseza de efectivos o cansazo comezou a facer mella. O claro dominador do xogo neste comezo foi o Coruxo,  e mentras os nosos aguantaban as envestidas en media pista, os vigues ian achegándose cada vez mais á porta de Esteban. No minuto dous e medio o 2-2, rocambolesca xogada esta, saque de banda favorable á S.D. Pazos, Lito duda en darlla a Santi ou a Esteban dentro da nosa área, o final, mal entendido entre os tres e o balón cae ós pes dun xogador rival que empuxa en liña de gol. Con esta desafortunada acción o encontro voltaba a comezar.
Rompíase o choque no minuto oito, Lito era expulsado por dobre cartón ó impedir un saque de banda, os colexiados volvían a ser protagonistas nesta acción, xa que se ben este cartón si e de amosar o primeiro foi de risa. Os trencillas desquiciaron co seu arbitraxe aleboso ó noso equipo, nun partido bastante deportivo e sen feas accións acabaron cun feixe de faltas e tarxetas.
Cun infranqueable Esteban e cunha sacrificada defensa, a S.D. Pazos, conseguiu aguantar os dous minutos en inferioridade sen encaixar, é mais, contou con alguha boa ocasión á contra, en especial unha baselina de Jacobo que salva na mesma liña Javi de forma acrobática.
Semellante foi todo este segundo tempo, balón do Coruxo e perigosas contras dos locais. Con ocasións repartidas, prantámonos nos derradeiros minutos, e aquí si que tivemos o partido.
Primeiro nun novo man a man de Jony que detén Fiou, segundo, nunha estratexia de corner que Jacobo finaliza rozando o pau, terceiro, unha bola que caza Luis en media pista, vaise en velocidade pero o seu intento de picarlla por arriba a Fiou é despexado polo hombro deste a corner, e xa por último, outra boa estratexia na execución deste corner na que José fai lucirse a Fiou.
Ó final sensación de calquera puido levarse os tres puntos, por iso que tal vez o empate sexa o mais xusto. As ocasións mais claras da S.D. Pazos, o peso do encontro do I.E.S. Coruxo.

No hay comentarios: