Vistas de página en total

domingo, 10 de marzo de 2013

5 CORUÑA F.S. 6 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala logrou os tres puntos no seu desprazamento á Coruña, nun encontro no que chegou a ter unha renta de catro goles, pero como era lóxico, dada a entidade do rival, tivo que sufrir ata o derradeiro minuto.
O quinteto inicial foi o formado por: Esteban-Jacobo-Lito-Santi e Luis, no banco para os cambios Bizza, José, Jony e Borja.
O partido comezou co guión que tiñan establecido os visitantes, balón para o 5 Coruña F.S. e a agardar fortes en media pista para sair á contra.
No minuto dous o primeiro para os de Pazos, medido pase de Jacobo por alto, e Lito a bote-pronto escacha a bola contra a rede rival, golazo para poñer o 0-1.
Non variou nada este gol, xa que os nosos tiñan moi claro o seu plantexamento. No minuto tres o 0-2, rouba Luis no seu campo e cede a Lito, saída á contra de tres para dous, e o propio Lito en conducción polo centro, bate ó porteiro por entre as pernas.
Os da casa tentaron meterse no choque nos seguintes minutos, pero o seu xogo co pivot, non remataba de dar resultado.
No minuto sete o 0-3, xogada de equipo, que comeza cun pase en profundidade de Lito para Jony, e este, asiste a Jacobo para que anote no segundo pau. Magnífico resultado pero con ainda moito por diante.
No seguinte minuto os coruñeses recurtaban distancias, erro nun saque de banda faborable os nosos, que o 5 Coruña F.S. aprobeita para armar un letal contragolpe e establecer o 1-3.
Descompuxo algo os onte de blanco este gol, quenes vian como no minuto dez, os da casa anotaban o 2-3. Moi polémico este gol, posto que, o balón sae claramente por liña de fondo antes do pase anterior o gol.
A pesar do axustado do marcador, o partido continuou polos derroteiros iniciais. Con reparto de ocasiós foron pasando os minutos. Cabe mencionar un acrobático remate de chilena de Luis que a estirada do meta envia a corner.
Cun 5 Coruña volcado na procura do empate, a intensidade defensiva dos de Pazos a hora de roubar a bola faría o resto. No minuto quince, un roubo de Jony en media pista remata nos pes de Jacobo, este cédella a Lito, quen libre de marca anota de tiro raso, 2-4.
A piques de rematar o primeiro tempo o 2-5, roubo de coraxe de Borja no círculo central que lle permite irse en velocidade cara portería, ante o meta, asiste para que marque Luis que acompañaba a xogada.
Con este resultado remataba unha intensa primeira metade.
No segundo tempo a S.D. Pazos baixaría un pouco a intensidade, debido a que o esforzo ia pasando factura. Así e todo, uns bos primeiros minutos deste periodo desembocaron nun clarísimo penalti sobre Santi, Jacobo non erraría dende o punto fatídico, 2-6.
O claro sinal de que os puntos ia costar muito gañalos foi que, uns segundos despois do gol, un mal ataque dos de Pazos, remataba nun contragolpe coruñes no que Lito, no seu intento de cortar introducía o balón en propia meta, 3-6 minuto dous.
O 4-6 chegaba no minuto seis noutro erro, ésta vez na saida de presión, os locais non desperdiciarían a ocasión para achegarse no electrónico.
A mellor virtude dos visitantes volveu a resurxir no peor momento "competir", gran defensa ante o acoso coruñes e perigosas contras . Deste xeito conseguiuse o 4-7 no minuto nove, cabalgada por banda de Lito, e asistencia ó segundo pau para que machaque Yoni.
A raiz deste gol, o 5 Coruña opta polo porteiro-xogador. Con esta estratexia, logra acorralar os nosos na sua área, nun desaxuste defensivo, Jony entra en falta sobre un contrario; segunda falta normal deste xogador en todo o encontro e segundo carton amarelo, inconcebible!. A pesar da boa defensa inicial, nos derradeiros segundos en superioridade, os locais anotaban o 5-7 nunha boa xogada colectiva. Con oito minutos por diante todo podía acontecer, dende marcar a S.D. Pazos, ocasións tivo nos pes de Jacobo con disparos de campo a campo, e Luis saindo en velocidade, ou que marcasen os da casa, Esteban tivo que emplearse a fondo nalgunha ocasión.
Non se movería o marcador ata a falta de dous minutos, cando cun disparo exterior dun xogador local ante un tapado Esteban, establecíase o que sería definitivo 6-7. Sen mais apuros rematou o choque.
Luis mostrábase moi contento ó remate "é unha victoria das de recobrar a identidade, cun sacrificio tremendo ante un rival moi difícil pola sua calidade e experiencia" "destaco os tres goles de Lito, o traballo de Santi, a Esteban en momentos clave...pero sobre todo penso que é un triunfo da AFICIÓN que nos acompaña sempre, de Ferre, de Mon, de Marcos, de Fran...que sempre están ahí, de Bizza e Hugo animando e axudando dende o banco, e como non de Marcelo, que non nos puido acompañar hoxe" "oxallá podamos rematar a tempada moi arriba, honestamente creo co mercemos".

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Chabales, quedan 6 finales, e se somos capaces de gañar as 6.................. todo pode pasar.

Toca adestrar duro esta semana, e o sabado tentaremos convertir o pabellon nunha festa.

Let,s Go Pazos........

Anónimo dijo...

gracias a vos por facernos disfrutar cada fin de semana e ilusionar a unha aficion, a un pobo
e o sabado a por eles vamios chabales....

Anónimo dijo...

A por eles oeh! A por eles oeh!...
Este Pazos Como Mola!

Hai 18 puntos en xogo... Quen dixo medo?

Anónimo dijo...

Ánimo rapaces, como veciño do concello de Pazos de Borbén, sinto moi orgulloso de que un equipo de amigos da zona coma vos este chegando tan lonxe... seguide así!!!!!

MOITA SORTE!!!!

Anónimo dijo...

ESE PAZOS COMO MOLA SE MERECE UNA OLA!!!!!

Anónimo dijo...

ÁNIMO RAPACES!!! A VER SE A AFICIÓN SE ANIMA E FAISE UNHA GRAN ENTRADA

Anónimo dijo...

Este equipo nos ha dado a la afición muchos momentos de extress!!pero muchos otros buenísimos y ganéis o perdáis seguiremos estando orgullosos de vosotros porque sois la caña y porque seguro que vais a ganar!!jje. Confiamos en vosotros!
Vuestra afición fiel :))

Anónimo dijo...

Vos ponde a xogo e a cabeza que os folgos deremosvo-los nos, a vosa aficion, que se sente moi orgullosa dun equipo onde se conxuga veterania con xuventude e ilusion a partes iguais; fel reflexo lo mito de David e Goliat.

Moita Sorte e a por eles.
6 finais, comeza a conta atras :D