Páginas vistas en total

viernes, 8 de marzo de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

A falta de sete xornadas para o remate da liga, a S.D. Pazos Fútbol Sala afronta o que apriori será o seu Tourmalet particular. Nestas vindeiras tres xornadas, os de Pazos, enfrontaranse sucesivamente ó, 5 Coruña F.S., un dos mellores planteis da liga, ó O´Esteo F.S., líder indiscutible da competición, e ó Burela "B", tercer clasificado e nun gran momento de forma. Con este panorama por diante, os de Marcelo, terán que dar o mellor de si mesmos para manterse nos postos de privilexio.
O primeiro escollo a superar será este sábado na Coruña; o 5 Coruña F.S., agarda ós nosos coa imperiosa necesidade de gañar para seguir optando a rematar a tempada entre os primeiros clasificados. Os coruñeses, son un equipo plagado de boas individualidades e xogadores con experiencia en categorías superiores, pero como demostra cada semana a liga, os encontros hai que xogalos.
Polo noso bando, a ambición por seguir na pelexa polo segundo posto segue intacta; o equipo, viaxa coa firme intención de deixar todo na pista para lograr os tres puntos en xogo.
A S.D. Pazos contará para este desplazamento coas dúbidas ata última hora de, Marcelo e Esteban por motivos familiares, Bizza con molestias nun xemelgo, e a baixa segura de Hugo.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal do Barrio das Flores 17:00.   
  
 

No hay comentarios: