Vistas de página en total

viernes, 22 de marzo de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O BURELA "B" FS P. RUBÉN

Logo de levar a maior parte da tempada situada no segundo posto da taboa clasificatoria, esta xornada, a S.D. Pazos Fútbol Sala, xógase en Burela a posibilidade de mantelo ou ben de perdelo. Tal e como está a liga nestes momentos, con só tres puntos de diferencia entre os nosos e o sexto clasificado o Burela"B", e tendo en conta que ningún dos punteiros xoga entre si, a xornada é das que ten mais que perder que de gañar. Na primeira volta, o resultado en Pazos foi de empate a catro goles, resultado polo cal, o que logre vencer tamén porá ó seu favor o golaveraxe.
Así as cousas, os de Pazos, viaxan a A Mariña lucense coa clara intención de lograr os tres puntos en xogo, e dar outro pasiño na carreira polo subcampeonato. Pola sua banda, o filial do conxunto da división de honra, tentará facer o mesmo, e con elo comprimir mais se cabe as primeiras posicións.
Finalísima pois ante un rival xove, ambicioso, e que se amosa moi forte no seu feudo; alí perdou por exemplo o O´Esteo.  
Marcelo, a pesar de tódolos problemas desta semana para poder adestrar, debidos en gran medida a temas laborais e a alguha lesión como nos casos de Jony ou Luis, poderá dispor de todo o plantel.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Vista Alegre ás 16:00.

No hay comentarios: