Páginas vistas en total

jueves, 14 de marzo de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O O´ESTEO F.S.

Apaixoante encontro o que nos agarda este vindeiro sábado no pabellón municipal de Pazos de Borbén. A S.D. Pazos Fútbol Sala recibe o ata agora incontestable lider da terceira división nacional, o O´Esteo F.S.. Con tan só dezaoito puntos por desputarse, os ferroláns, de seguro farán todo o posible por aumentar a renta de nove puntos que teñen sobre os nosos, o que lles permitiría incluso poder cantar o alirón no seu feudo a próxima xornada. Por contra, os de Pazos, afrontan este choque con tódala intención do mundo porque iso non suceda, e tentarán sumar os tres puntos en xogo para consolidarse un chisco mais na segunda praza, e de paso, por que non, seguir soñando cun título ligueiro prácticamente inalcanzable.
Marcelo terá a sua disposición a todo o plantel excepto a Hugo, lesionado de longa duración.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.
 
 
 
 
 
 
 
 
Dende a directiva, corpo técnico e xogadores que conformamos este club, facer un chamamento a tódolos aficionados e simpatizantes para que acudades ó pabellón a animar o equipo. Entre os asistentes sortearase un lote de productos gastronómicos.
 "CONTIGO NAS BANCADAS SERÁ MOITO MAIS SINXELO"

4 comentarios:

Anónimo dijo...

P O D E M O S!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

VAMOOOOOOOOOOSSSS!!!!!!!

Anónimo dijo...

VAMOS PAZOS!!YES WE CAN!!!!

Anónimo dijo...

A por ELES!!!