Vistas de página en total

domingo, 3 de marzo de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 13 - 5 EYPAR MELIDE F.S.

Goleada da S.D. Pazos Fútbol Sala nun encontro que careceu de emoción salvo nos primeiros minutos de cada tempo.
Para esta ocasión Marcelo puxo en liza o seguinte quinteto: Esteban-Jacobo-Santi-Luis e Jony, no banco agardando José, Lito, Borja, e el mesmo.
O partido comezou sen ritmo de xogo, cun conxunto visitante agazapado na sua área agardando un contrataque, e cuns locais que tiñan o balón pero que o movían con moita lentitude. 
No minuto un e medio saltaba a sorpresa, o Eypar dispuña dunha falta por cesión ó borde da área que non desaprobeitaría. Gran estratexia na execución acompañada dun despiste de Luis o dividir na barreira, 0-1.
Foi un espellismo este gol , xa que uns intres mais tarde, Luis tras perfecta asistencia de Santi ó segundo pau enmendaba o seu erro anterior, 1-1.
Centrouse a S.D. Pazos nos seguintes minutos, con maior velocidade na circulación as ocasións comezaron a sucederse. No minuto catro, Yoni estrelaba un zapatazo na cruceta, e un minuto mais tarde, unha cabalgada por banda de Santi con novo pase ó segundo pau, introducíaa un rival na sua meta, 2-1.
Co marcador xa de cara, os locais decidiron finiquitar o choque. No minuto seis e sete e medio, Lito con dous latigazos cruzados, subía o 4-1 o marcador. Un tras outro comezarían a caer os goles sen atopar resposta rival, quen continuba co seu plantexamento inicial.
O 5-1 obra de José cun tiro exterior que bate nun contrario e vaise dentro;o 6-1 de penalti dubidoso, Jacobo pon na escadra o lanzamento; o 7-1 Jony, logo de rexeite do meta en primeira instancia; e o 8-1 anotabao José a porta baleira tras xogada individual de Jacobo con ruleta incluida.
Nos intres finais era expulsado un xogador do Eypar por dobre cartón, os nosos non serían capaces de aprobeitar a superioridade para aumentar a renta.
Ó comezo da segunda metade resultou dantesco, cun conxunto local totalmente descentrado e fora do partido. En seis desconcertantes minutos, os coruñeses aprobeitaron tres contragolpes sen apenas oposición para poñer o electrónico en 8-4.
Marcelo, vendo a verbena na que se convertira o seu equipo solicitou un tempo morto. Pareceu xurdir efecto a merecida reprimenda do mister, posto que o resto do choque foi do conxunto da casa.
No minuto trece e logo de errar varias claras ocasións, chegaba o 9-4; Yoni vaise de tres rivais e cede a Santi para que este empuxe á rede. O 10-4 faríao Luis logo de roubar e facer unha parede con Yoni. O 11-4 obra de José no minuto dezaoito aprobeitando un rexeite. O 12-5 de Luis co xeonllo en boca de gol, tras remate de Lito que xa parecía ir dentro.
No segundos finais o Eypar cazaba unha contra para poñer o 12-5, e a falta de dez segundos, Luis, establecía o definitivo 13-5 fusilando ó porteiro a pase de Santi. 
Partido para esquecer, que debeu rematar no primeiro tempo dádalas circunstancias. O mellor tres puntos mais, unha xornada menos.  

No hay comentarios: