Vistas de página en total

domingo, 17 de marzo de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 6 O´ESTEO F.S.

Chegou a primera derrota da tempada da S.D. Pazos Fútbol Sala no seu feudo, esta, tivo que chegar da man do que será futuro campeón.
Gran afluencia de público no municipal de Pazos atendendo ó chamamento do club, ambientazo para vivir o que sería un emocioante encontro.
O quintento incial dos da casa foi o formado por: Bizza-Jacobo-Lito-Luis e Jony, no banco: Esteban, José, Santi e Borja.
Os locais saltaron á pista algo confusos, quizais por ver como ía plantexar o choque o rival ou pola propia entidade do mesmo.
Saíron fortes os visitantes, quenes conseguían abrir o marcador no primeiro minuto de xogo, saque de corner ó segundo pau, estáticos os nosos, e 0-1. Golpe de ánimo que facía a tarefa de gañar mais complicada. O nerviosismo aumentou nos vermellos, e Bizza tivo que tirar de reflexos para evitar o segundo nun man a man no seguinte minuto.
Co paso dos minutos e o ruxir da grada, a S.D. Pazos foise metendo no partido, comezaron a chegar as ocasións, e tras unha xogada colectiva ben elaborada, o balón caeu nos pes de Jacobo, tras un xiro de pivot, picaba con calidade ante a saída do meta, 1-1 minuto seis e medio. 
Duraría pouco a ledicia, xa que no minuto oito, no  saque dunha estratexia de falta con algo de fortuna, o O´Esteo puña o 1-2.
Foi pasando o tempo sen que os de Pazos conseguiran ritmo no seu xogo, ralentizando moito as suas posesións e empecinados en batallas individuais. No minuto catorce pagarían caro o seu desatino, nova falta ó borde da área, e outra estratexia que se ía dentro de tiro exterior, 1-3.
Poderían aumentar a renta aínda os ferroláns no dezasete, pero Bizza impedíao cunha fantástica intervención, xa dispuxeran tamén dun tremendo zapatazo ó longueiro.
No dezaoito e medio o 2-3, balón longo que Lito gaña en loita cun rival, e logra meter o pe ante a dubitativa saída do porteiro. Sen nada mais reseñable, fin do primeiro tempo.
No segundo tempo e co partido aínda moi vivo, os locais sairon a por todas. No primeiro minuto, Jacobo a saque longo de Esteban gozaba dunha boa ocasión, pero o meta lograba enviar a corner. 
Abríase algo o encontro, e tocáballe pegar ós de Ferrol, paradón de Esteban nun contragolpe un para un. Neste toma e daca, Jacobo non conseguía empurrar adentro unha asistencia de Lito, e no contragolpe, era Borja quen tiña que enviar a corner un remate franco do O´Esteo.
Co paso do tempo e o reparto de opcións plantámonos no minuto dez, donde se rompe o choque.
Tiro a porta de José que bate nun contrario e por pouco non caza Luis, e na contra, golazo de baselina do protagonista do partido, Rubi, quen xa anotara o terceiro, 2-4.
Novo toque na moral dos da casa, quenes vían como no dez e medio, noutra saída á contra, Esteban en semierro non é quen de deter o 2-5. Con dez minutos por diante, Marcelo opta polo porteiro-xogador. 
Cun xogo paciente os nosos crearon as primeiras ocasións, un tiro ó poste de Luis no segundo pau, un duro remate exterior de Jacobo...asi ata o minuto trece, asiste Jacobo, anota Santi no segundo, 3-5.
Había vida, mais por que se continuaría a ter ocasións sen sufrir en defensa, uñazo de Luis a corner, algún pase ó segundo pau ó que non se chega por pouco e algunha mais.
No dezasete e medio o premio, xogada de equipo que remata con pase de José para que Borja empurre adentro, 4-5.
Con case tres minutos por diante e un pabellón entregado, o empate víase cerca aínda que por desgracia non sería así.
A falta de minuto e medio, nun erro de saque de banda favorable os nosos en media pista, o balón, quedaba nos pes de Rubi, quen finiquitaba o choque entrando coa bola na portería, 4-6. Sen case tempo para mais, remataba o encontro.  
Partido emocionante, donde a S.D. Pazos aínda que algo atenazada deu o que tiña; e  que decir do rival, controla o tempo dos partidos, defende organizado, ten claro a que xoga, define case todo o que crea, conta cun plantel completísimo, en fin... ó noso modo de ver xusto vindeiro campeón da terceira división.
A nos, tócanos pelexar pola segunda praza de aquí ó final, non sera sinxelo, pero de conseguilo o obxetivo estaría conseguido con creces.
DAR AS GRAZAS A UN AFICIÓN QUE ATEIGOU AS GRADAS E ANIMOU A REO.
                            MOITAS GRAZAS!!!!!!!!!!     
 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gracias a vos polo gran esforzo que fixestes, o pabillon encheuse non de xente, senon de ilusion e ganas de ver futbol sala, con ganas de que chegue xa o proximo partido.