Vistas de página en total

domingo, 28 de abril de 2013

CAFyD 2 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala logrou o subcampeonato da terceira división do fútbol sala nacional, o que semellaba impensable ó comezo da tempada, conseguíase materializar na tarde de onte nun final de encontro con tintes épicos.
Que o partido ía resultar dificilísimo sabíase antes de comezalo, a lesión de Santi no quecemento do mesmo, non fixo mais que empeorar a situación. Marcelo, quedábase no encontro vital da tempada con só seis xogadores de campo.
O quinteto dos vermellos foi o formado por: Bizza-Jacobo-Lito-Luis e Jony, no banco: Esteban, Marcelo e Borja.
Comezou o choque cun ritmo trepidante, as urxencias do CAFyD facían que dende o pitido inicial se volcaran con todo na procura do primeiro gol. Tras un par de infructuosos ataques dos locais, os de Pazos, adiantábanse no marcador. Minuto un e medio, Jacobo recibe un pase no medio do campo, logo de sentar na banda a dous contrarios, asiste a Lito libre de marca no centro da área, o dorsal once dos nosos con suma tranquilidade abría o marcador, 0-1. Cunha marea vermella desprazada a Estrada entregada á causa, o choque puñase de cara.
Os seguintes minutos foron de tensión, os da casa ían ó límite nas suas accións, e a permisibilidade arbitral descentraba ós visitantes. Un man a man con Bizza que se vai fora, e unha acción identica nos pes de Lito que para o meta, eran o mais reseñable ata o minuto doce e medio.Tras unha xogoda un tanto embarullada na área froito da presión, o CAFyD empata o encontro, 1-1.
A S.D. Pazos respondeu con calidade o empate, con boas combinacións e contragolpes encadeou claras ocasións. No catorce as mellores, un disparo de Lito ó pau, un remate de Luis que despexa o porteiro, outra de Lito que se vai por pouco...
Perdoamos e pagámolo, no minuto dezaseis os da casa púñanse por diante. Balón longo que non conseguen cortar entre Borja e Jony, e Marcos Sesar define de vaselina ante a saída de Bizza.
Os derradeiros tres minutos do primeiro tempo foron de acoso na procura das taboas, estas chegarían a vinte segundos do final.
Falta que executa maxistralmente Jacobo asistindo a Luis, quen só no segundo pau empuxa á rede, 2-2. Con este resultado íamonos ó tempo de descanso.
A segunda metade foi moito mais desequilibrada, o baixón físico do CAFyD e o xogo asociativo dos de Pazos, remataría por decantar a balanza.
As posibilidades de anotar dos vermellos caerían unha tras outra case dende o comezo. No minuto cinco unha para Jony, quen rouba unha bola, dribla ó meta, e ve como un defensor salva baixo paus. No seis turno de Luis, parede con Jony, regatea a Chenlli, e o seu remate vaise ó pau.
Non se materializaba e Fabián a piques está de desnivelar o electrónico nunha individualidade, paradón de Bizza ó seu disparo.
No minuto dez outra clarísima para os nosos, pivota Borja, asiste de costas a Jacobo, e a picada deste ante o meta vaise por centímetros. Intres despois outro par delas, primeiro Jacobo, quen se volve a atopar co paradón de Chenlli no man a man, e na segunda Jony ten o mesmo resultado nunha acción calcada.
Parecía que o final ía ser cruel para ambos conxuntos, cun empate que a postre non servía a ningún nos seus distintos obxetivos.
A falta de dous minutos o CAFyD aposta polo porteiro-xogador, mentres Marcelo confía no xogo normal para facerse coa victoria. O tempo deulle a razón o técnico de Pazos.
Non inquedan os locais co seu xogo de cinco e á contra máscase a traxedia, Jony non consegue anotar a porta baleira dende o seu campo. A falta de quince segundos o desenlace.
Saca longo Bizza, Lito recibe e intenta asistir a Luis, o balón bate nun contrario e rebota no porteiro que vai correndo cara a porteria, queda morto, e Luis nun acto de fé, sae a por el como un avión clavandoo na rede ante a tarascada do defensor, 3-2 e explosión de xúbilo. Sen tempo para mais, final.
Final apaixoante a unha tempada magnífica, mereceu os tres puntos a S.D. Pazos Fútbol Sala, pero é xusto merecer a un rival que tamén deu o que tiña para ganar.
Con este resultado conséguese a mellor clasificación histórica do club, 2º clasifiado da 3ª div., cunha bagaxe de: 19 partidos gañados, 4 empates e 7 derrotas, sendo o máximo goleador da categoría con 162 goles a favor, e sendo o mellor conxunto local con só unha derrota no municipal de Pazos de Borbén (esta a cargo do campeón o O´Esteo F.S.).
FELICITAR a todo o EQUIPO: Bizza, Esteban, José(C), Santi, Jacobo, Lito, Luis, Jony, Borja, Hugo (lesionado na xornada nove e sumando), Rober ( baixa a metade da tempada) e Marcelo. O último gol de onte define claramente a este conxunto, un gol de todos, un gol de convicción. Experiencia e xuventude a partes iguais postas ó servicio do colectivo, e sobre todo ganas de facelo o mellor posible.
FELICITAR ó adestrador: Marcelo, xestor ideal dun plantel moi curto ó que lle sacou o mellor rendemento, convenceu a todos de que se podía.  
FELICITAR á directiva: M. Ferreira, Mon, Fran incansables axudando en todo, facilitando todo, e sobretodo apoiando nas boas e mais aínda nas malas. Tamén a Marcos (delegado de pista, delgado de equipo, axudante..) e Yobana (camara e colaboradora do blog) sempre votando unha man e o carón do equipo. 
E dende o club dar as GRAZAS!!! a nosa sempre fiel afición: en especial a A SEIS DE PAZOS (xa sabedes quen sodes non queremos deixar a ninguén atrás, os/AS de sempre), e O FRENTE BOCATA DE CHOURIZO (eses bombos e vuvuzelas ata rompelos).

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Grandes chabales, temporada pa flipar!!!! Fixestes q o ekipo se convertira en algo co que todos os pacenses nos sentimos identificados. Dende aki kero resalzar tamen o traballo de charro, sempre axudando no pabellon sen rechistar, e onte pegouse unha paliza de unha hora de coche pa ir ver solo a segunda parte. Vemonos para o ano . Comunicado oficial da peña bocata de chourizo

MARCOS ALFONSO MARTIN dijo...

MIMADRIÑA CHABALES SOLO O RC CELTA MI FIXERA SENTIR ALGO ASI E UNHA SENSACION DE GRANDEZA QUE UN GRUPO DE AMIGOS E REITERO..A M I G O S..(MARCE,ESTEBAN,BIZZA.LUIS,LITO,JOSE,JACOBO,BORJA,SANTI,HUGO,JHONY,MON FERRE,FRAN,ETC,ETC) SEA CAPAZ DE FACER ILUSIONAR A TANTA XENTE ,A UN POBO GRACIAS DE TODO CORAZON DE PARTE DE UN ...A M I G O...

MARCOS ALFONSO MARTIN dijo...

¡ AH OLVIDAVASEME ALGO ! SI O VOSO SOÑO E O ASCENSO NON DEIXEDES DE TRABALLAR PARA QUE ESE SOÑO SE FAGA REALIDADE ¡ EU TEÑO ESE SOÑO !¿ E VOS?

Unknown dijo...

Desde bueu queremos felicitaros por la extraordinaria temporada que habeis realizado y que hayais conseguido este subcampeonato. Enhorabuena a toda la familia del Pazos de Borben!!!

7A9CAFyD dijo...

Noraboa o Pazos, gran encontro o de onte, noraboa por esa afección que onte deu mostra da vosa grandeza.

Fran dijo...

En nome da SD Pazos queremos dar as gracias a Bueu e CAFYD polas suas felicitacions, de feito este logro consideramolo moi importante debido a que nos toca competir con grandes equipos como CAFYD e Bueu.

Marcos, eu teño ese mesmo ascenso, pero antes hai que falar moitas cousas.

Anónimo dijo...

muchisimas felicidades por el ascenso,os conozco a la mayoria y os lo mereceis,una vez mas FELICIDADES,y como dijo marcos ...a luchar para que lo que ganasteis en el campo no os lo quite nadie.(nesto)

O Esteo dijo...

Desde As Pontes O Esteo F.S. os felicita por ese segundo puesto tan merecido, enhorabuena por vuestra gran temporada

S.D. Pazos F.S. dijo...

Moitas grazas a O´Esteo F.S. polas felicitacións.Para nós é un gran logro esta clasificación,só sendo superados por un equipazo de 2B como o voso.