Vistas de página en total

domingo, 27 de octubre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 3 C. DE VIGO I.E.S. CORUXO F.S.

Victoria da S.D. Pazos Fútbol Sala contra o ata onte lider C. de Vigo I.e.s. Coruxo F.s.. Os rapaces de Marcelo voltaron a deixarse a pel sobre a pista do municipal, para lograr os tres puntos ante un dos mellores conxuntos da categoría.
O quinteto vermello estivo formado por: Jorge-José-Hugo-Lito e Luis, no banco: Bizza, Santi, Remo, Jony, Mikel e Borja.
Comezou o choque moi parello, cos dous conxuntos tentando imporse ó outro, e cun espectáculo que prometía. No minuto tres, os locais, conseguirían golpear primeiro ó mais puro estilo Pazos. Rouba Luis en media pista e pasa a José, que conduce e tras amagar devolver o pase, funde a bola na rede de durísimo punteirazo, 1-0.
Perfecto comezo para os da casa pero que non logrou amedrentar ó rival. Dous minutos mais tarde, Javi del Rio facía tremer o longueiro de Jorge de tremendo latigazo. Reparto de golpes nos seguintes minutos, asiste Lito a Jony ó segundo pau quen non atina a rematar, xogada viguesa que despexa Jorge, tiro cruzado de Luis que desvía o porteiro...
Bo encontro o que se estaba a presenciar, cun I.e.s. amosando calidade, e cos nosos xogándolle de ti a ti.
A falta de oito minutos chegaba o empate. Asfixiante presión sobre Jony, e a bola acaba nun pase de gol que anota Aarón de xeito afortunado ante a pasividade defensiva vermella, 1-1.
Ata o final o maior dominio sería vigués, encerrando ós nosos na área, e gozando dalgunha boa ocasíon. Destacar sobre todo unha, na que Jorge evita un gol cantado lucíndose a disparo de Fon.
No derradeiro minuto deste primer tempo, Remo, en xogada persoal na que se vai de dous contrarios, avisa ó meta de que seguíamos alí.
Os da casa entraron fatal ó segundo tempo, metidos moi atrás, sen conseguir sair da presión, e tendo que salvar Bizza os mobles. Apoiados no bo facer do meta local, os de Marcelo, tiraron de casta e repuxéronse nos seguintes minutos.
No minuto cinco e medio o 2-1. Dualidade entre Luis e José, quen conduce e  devólvella ó dez  para que este, finalice de tiro cruzado ante Fiou. Tralo gol, novo toma e daca no que os de Pazos parecen sentirse tan a gusto, ou así o demostran.
Minuto oito, rouba José na sua liña de puntos, cruza o campo acompañado de Lito dun lado e Luis do outro, ante dous defensores, pásalla a Lito, e este asiste ó centro da área a Luis, quen ante a saida de Fiou pícalla por riba, 3-1. Contragolpe de manual.
Reacionarían os visitantes no minuto once e medio, xogada colectiva que empuxaría á rede Javi del Rio establecendo o 3-2. Con case medio tempo por xogarse todo podía pasar.
E pasou que primeiro avisou  Borja, e segundos despois concretou Luis. Minuto quince, presión dos mesmos protagonistas que remata co balón nos pes de Luis, dribla a saida de Fiou e anota o  4-2.
Quedaban cinco minutos de sufrimento contra o xogo de cinco que propuña de inmediato Javi Santos.
Aguantaron ben os nosos, traballando en defensa como a semana anterior, e tendo opcións de gol en roubos de Jony ou Lito. Cun tremendo desgaste lográbase chegar intactos ó derradeiro minuto, onde nun dous para un, o I.e.s., faría o  xa definitivo 4-3.
Novamente traballo descomunal da S.D. Pazos, capaz de demostrar ante conxuntos coma O Parrulo, Leis ou I.e.s. Coruxo, unha competitividade infinita. Afianzar esta capacidade de sacrificio e concentración, será o que nos permitirá estar ante outra gran tempada. 
  
 
 
 
 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sodes grandes rapaces!!!! Fran

Anónimo dijo...

vamos!!!