Vistas de página en total

domingo, 22 de diciembre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 3 SANTIAGO FUTSAL B

Empate a tres goles no encontro de onte sábado, un resultado que posiblemente non deixa satisfeito a ningún dos contendentes pero que polo visto na pista tal vez sea o mais xusto.
Os santiagueses propuxeron un partido de alto ritmo e intensidade, obrigando a que os nosos volveran a ter que refuxiarse na sua mellor arma, o contragolpe.
O quinteto inicial estivo formado por: Bizza-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Jorge, Hugo, Remo, Mikel e Borja.
O Santiago B saiu moi forte, encerrando ós vermellos no seu campo con combinacións rápidas, e presionando en todo o campo. Dispuxeron das primeiras ocasións, pero entre a defensa e Bizza non houbo que lamentar danos.
No minuto cinco, e xa cos locais  algo mais cómodos, chegaba o primeiro, mal despexe do porteiro visitante que intercepta Luis, e define de tiro cruzado, 1-0.
A precipitación pareceu instalarse no rival que só un minuto mais tarde encaixaba o segundo. Novo erro dun defensor forzado pola nosa presión , e esta vez era Lito quen, tras controlar, fusilaba ó porteiro, 2-0. O intento de incomodar a saída de balón xurdia efecto.
Os de Santiago continuarían igual a pesar dos goles, aínda que agora, metendo mais balóns ó pivot para non caer en perdas en media pista. Aínda así, cada mala entrega era unha contra clara. Luis puido por mais terra de por medio nunha delas, ante o meta quiso axustar demasiado e o balón foise fora.
No minuto doce os visitantes recurtaban distancias, o xogo co pivot daba os seus froitos e nunha falta de entendemento entre José e Bizza facían de cabeza o 2-1.
Volcados na prol do empate os santiagueses, deixando espazos atrás que non puideron ou non souberon aprobeitar os de Pazos. Borja, gozou dun dous para un co porteiro que acabou estrelando no peito deste.
No minuto trece o 3-1, contrataque que monta José polo centro da pista nun tres para dous, e el mesmo finaliza de punteira axustado ó pau.
Nos seguintes minutos ata o final, ritmo tolo que puido ter calquer desenlaze. Mikel tivo unha moi clara que non rematou ben chegando ó segundo pau. Coa diferencia de dous goles íamonos ó descanso.
Ambicioso o Santiago Futsal B propoñendo xogo, e amosando as suas bazas ós da casa, que de estar mais atinados de cara a porta puideron levar un resultado mais claro ó descanso.
O segundo tempo estivo marcado pola asfixiante presión imposta polo filial da capital, con todo, a S.D. Pazos deu aguantado o resultado case ata o derradeiro minuto.
O partido foi quentándose por momentos, faltas e encontronazos que desluciron un pouco o espectáculo. José de tiro de falta directa e o rival cun disparo ó pau, estarían a piques de mover o electrónico.
Mais do mesmo no resto deste periodo, ninguén quería perder e xogábase ó límite en moitas das accións. Jorge na portería, e José nas coberturas, desfacían o perigo que foi crecendo co paso dos minutos. No minuto case dezaseis o 3-2, mala defensa na conexión co pivot, e gol ante o que Jorge nada pode facer.
Toma e daca con ocasións repartidas de seguido, incerto final no que dado o axustado do resultado todo podía pasar. Sae de cinco o Santiago B, e ten algunha, e tamén a tivo Jony, o seu rápido disparo tras roubar salvao un defensor cando ía cara gol.
A falta dun minuto e pouco o mazazo, e de forma cruel ademáis, pase ó segundo pau no xogo de cinco, a bola pasa entre Jorge e o pau para bater en Lito e irse dentro, 3-3.
Cos nosos desfondados un paradón de Jorge evitou que tódolos puntos fuxiran de Pazos.
Resultado que non sirve de moito a ambos, e que demostra a igualdade que se viu, con diferentes armas pero igual de válidas.
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios: