Páginas vistas en total

domingo, 27 de abril de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 5 CD BURELA "B" P. RUBÉN

Non puido ser, como por outro lado era previsible. Tíñanse que dar un feixe de condicionantes para que os vermellos puideran ser campeóns, e non sucederon. O primeiro e primordial era derrotar ó noso rival de onte, e fomos incapaces de facelo. Dende ese momento, o resto de hipóteses deixaban de ter valor.
O partido foi semellante ó da semana anterior, ainda que os primeiros minutos deste foron mellores, sometendo completamente ós visitantes como así o reflexaba o electrónico cun contundente 3-0. A partir deiquí, total cambio de papeis. Os bureláns votáronse a polo encontro, e nun segundo periodo no que se mostraron superiores, conseguiron infrinxirnos a primeira derrota do ano na casa.
Quinteto inicial: Bizza-Santi-Lito-Luis e Jony, no banco: Jorge, Hugo, José, Remo e Borja.
Os cinco minutos iniciais foron case perfectos, creando perigo de tódolos xeitos posibles. En creación, en contragolpe, en estratexia a pelota parada...
En xogada de inicio, Luis, gozaría da primeira, o seu frouxo disparo rematou nas mans do meta. A seguinte ocasión foi visitante, Bizza, salva providencial un man a man.
Os minutos seguintes foron totalmente dos de Marcelo. Jony, só no segundo pau, enviaba fora unha asistencia de Luis.
O 1-0 no minuto tres. Estratexia de corner, e Luis dende fora da área axustaba raso ó pau.
O 2-0 prácticamente de seguido. Contrataque fulgurante, e Jony deixaba atrás ó defensor para axustizar ó porteiro cun forte remate que se ía dentro tras pegar no pau.
Non parabamos de telas, Santi, asistía a Luis, que revolbéndose no pivot, puña a prova os reflexos do meta. No saque deste corner o 3-0.
Estratexia, e Santi cun tiro exterior que despistaba ó porteiro, logo de bater nun defensa, anotaba.
No soubemos matar o choque ante un rival que se estaba vendo superado, e démoslle as no minuto cinco.
Saque de banda lateral, e Bizza, cómese un duro disparo que libra a barreira, 3-1.
Igualáronse as forzas ata o final, mellorando moito os visitantes paulatinamente o noso claro empeoramento.
Bizza salvounos con dous paradóns de que o resultado se axustara, mentras que Borja ou Jony desperdiciaban as que tiñan.
José cun zapatazo, e sobre todo Lito, cunha sublime vaselina que desviaba un rival sobre a mesma liña, apiques estiveron de darnos maior renta antes do descanso.
O paso polos vestiarios non serviu para mellorar as prestacións dos locais, mais ben o contrario. Como en Santiago, nos primeiros minutos do segundo tempo, dilapidamos calquer opción de poder acadar os tres puntos.
O Burela "B" foi superior neste periodo, creando continuo perigo xogando co pivot. Ó final a sua maior crenza na victoria fixoo acreedor dela.
Transcurriran tan só dous minutos cando se recurtaban as distancias. Corner en contra, defensa confusa, e o dorsal once batía a Bizza por baixo dende o interior da área.
Minuto e medio mais tarde o mazazo. Saída á contra de Bizza con Luis, este tenta darlla a Hugo nun dous para un, rouba o rival, e contrataque que remata na rede, 3-3.
Partido novo, e un Burela"B" que sacaba proveito coa sua presión das nosas carencias á hora de sacar o balón.
Puidemos cambiar o rumbo no minuto cinco, Lito cédella a Borja que chega só ó segundo pau, incriblemente o seu remate vaise ó poste. O posterior rexeite deste, rebéntao Luis dende a liña de puntos, e a bola sae fora rozando contra o mesmo obstáculo.
Tivemos alguna mais que non fomos quen de concretar, pero tamén as tiñan os lugueses, e ó final, un riguroso arbitraxe, con uns e outros, decantou a balanza.
Minuto trece, falta de Jony ó borde da área, sexta falta, e lanzamento sen barreira que se cola entre as pernas de Bizza, 3-4. Consumábase a remontada.
Non houbo reacción nesta ocasión, o paso dos minutos constatou que xa era un quero e non podo.
A falta de dous minutos e medio, Bizza era expulsado ó tocar o balón coa man case en media pista, ó querer subsanar un erro de Lito, que perdía a bola de último home.
Perfecta execución de dobre-penalti do dorsal cinco, ó que Jorge baixo paus, non pode respostar, 3-5.
Na derradeira ocasión do encontro, Lito íase da defensa e estrelaba o man a man co porteiro no peito deste, con Luis só no segundo. Xa serviría de pouco, a derrota era un feito.
Final un pouco triste para outra gran campaña, na cal chegamos  a colocarnos líderes, a falta de tan só duas xornadas, e con algunha opción na derradeira, algo impensable ó comezo da tempada.
Plantel moi xusto de efectivos, baixas importantes con respecto o ano anterior, dificultades durante todo o ano para conseguir completar os dous días de adestramento, en fin... tal vez o quinto posto final nunha liga tan competida valorarase mais co paso do tempo.
Felicitar ó Leis Pontevedra F.S. polo campeonato conseguido, ó final, a competición pon a cada un onde se merece, NORABOA.
*Dende a S.D. PAZOS Fútbol Sala dar as grazas a toda a familia vermella:
O presidente M. Ferreira, sempre ó pé do canón, a Mon, incansable traballo en mil facetas, a Yobana, ós seus videos e axuda co blog, a Marcos, delegado e siareiro, a Fran, ó carón do equipo, por suposto os protagonistas,  Marcelo e ós seus, mellor ou peor, dando a cara sempre, e por suposto a tódolos AFICIONADOS, en especial os/AS que nos acompañan sempre.
Mención a parte merecen Esteban e Juan, porteiros que nos acompañaron durante todo o ano para completar os adestramentos ante as ausencias por motivos laborais dos porteiro do equipo, MIL GRAZAS, parte do grupo como o que mais.     
A tempada próxima queda lonxe, e haberá tempo para resolver tódalas incógnitas que surxan, de momento desfrutar do BO traballo realizado.  
 

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa pola tempada e agora a pensat na seguinte.

marcos dijo...

Gracias a vosotros por hacernos disfrutar un año mas luchando hasta el final para mi sois los autenticos campeones .no degeis de luchar por lo que os gusta nosotros desde fuera no lo haremos.you ar never walk alone

Anónimo dijo...

Gracias rapaces por facernos disfrutar tanto esta tempada e por compartir os vosos soños con nos.
Decirvos que eu como afeccionada estiven emocionada ata o final, e creo que a pesar das dificultades de esta tempada, loitastes moito, e creo que vos mereciades máis.SODES MOI GRANDES.
Agora toca descansar e repoñer forzas para a seguinte tempada, que queremos disfrutar tanto ou máis do fútbol sala como nesta.
¡¡¡SEMPRE PAZOS!!!

Un saúdo.

IRENE

Ainoa Miguélez Solla dijo...

Gracias a tí Lu por ilustrarnos y mostrarnos los partidos con tus comentarios como si estuviéramos en el campo, enorme.
Y por supuesto a la sempiterna "MAREA VERMELLA" que tanto nos acompañó en los momentos buenos y malos, un abrazo a todos y esperemos que esto siga creciendo, un abrazo enorme para todos.
MON