Vistas de página en total

viernes, 26 de septiembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O SANTIAGO FUTSAL "B"

Este fin de semana da comezo a competición no grupo galego da terceira división nacional de fútbol sala.
A S.D. Pazos Fútbol Sala desprázase ata Santiago, lugar de ingrato recordo, posto que alí, esvaecéronse as posibilidades de lograr o título de liga ó caer derrotados na penúltima xornada da tempada pasada.
Santiago Futsal "B" seguramente volte a ser un rival moi complicado, coa sua de sobra coñecida intensidade e competitividade.
Para nós ábrese una nova etapa con Nesto no banco, ainda que o obxetivo continuará inalterable, simplemente facer as cousas o mellor posible. O técnico, agarda poder afianzar ós xogadores mais xoves na categoría, intentado deste xeito sentar as bases do futuro.
Tódolo plantel, a excepción da importante baixa de José, estará a disposición.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Santa Isabel ás 17:00.  
 
 

No hay comentarios: