Vistas de página en total

viernes, 14 de noviembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

De derbi poderíamos tildar o encontro desta xornada. Os veciños de Bueu, son o noso rival provincial mais cercano, polo que tal definición resulta axeitada.
Os dous conxuntos respétanse e coñécense a perfección, ofrecendo habitualmente, partidos abertos e de pronóstico incerto.
A A.D.F.S. Bueu ten como base mais que nunca á sua fructífera canteira, apoiada con reforzos de garantías como poden ser os casos do veterano Victor Mendez ou do ex-vermello Esteban.
Javi Santos no banco, comanda un grupo que está a realizar un prometedor comezo de campeonato, sendo capazes  de plantar cara a calquer  rival.
Nos agardamos que este choque supoña un punto de inflexión, capaz de definir algo mais os obxetivos, e mais tendo en conta as dificultades que o rodean.
As baixas acúciannos, e por desgraza non a corto prazo, por iso, os que están ben, deberán dar o mellor de si, para que poidamos seguir disfrutando da parte alta da clasificación.
As lesións golpean a José, Jorge, Jonas e Torres, e o mais que posible abandono de Dani do club, fan que os xogadores dispoñibles sexan tan só sete.
A axuda dende as bancadas voltará a ser fundamental para poder facernos cos tres puntos.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 17:00.

No hay comentarios: