Vistas de página en total

domingo, 9 de noviembre de 2014

RIBEIRA F.S. 3 - 3 S.D. PAZOS FÚTBOL SALA

Empate a tres goles en A Fonsagrada. Un encontro que deixa un mal sabor de boca nos de Pazos, por ter a sensación de dilapidar un primer tempo cheo de ocasións, e de non ser capaz de imporse ó rival no segundo. No suspiro final o trago puido ser mais amargo, de anotar os  locais un lanzamento de dobre-penalti.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Jony - Luis e Remo, no banco: Santi, Jonas e Borja.
Os locais saltaron moi motivados á pista, en contra da pasividade visitante, pero por sorte, pronto nos faríamos donos deste primer periodo.
O Ribeira deunos da nosa mediciña, fortes en medio campo e propondo contragolpes. A pesar de meternos algún susto, remataríamos por arriconalos no seu campo.
O 1-0 chegou no minuto cinco. Moveu ben o Ribeira, despiste defensivo ó facer unha axuda, e remate ante Bizza.
Toque de atención, e resposta solvente dos de Nesto. Estabamos imprecisos no pase, pero ainda así fixémonos merecedores do empate.
O porteiro da casa raiou a un gran nivel, desbaratando tódolas oportunidades que tiñamos, e dos paus a tiros de Jonas e Remo tamén botaban una man.
Luis, Jony, Santi...con todo na prol dunha igualada que non chegaba.
Esta, por fin na enésima ocasión, minuto trece. Jony dende a lateral lograba anotar de disparo cruzado, 1-1.
Seguimos igual, dominando pero sin concretar, e no minuto dezasete volvíamos a demostrar que non ía a ser un bo día.
Santi disporía dun penalti por man dentro da área a un remate de Luis, o lanzamento do seis, detiñao o meta. Ata o final mais do mesmo.
No segundo tempo, os plantexamentos non variaron en demasia, pero si as ocasións, que se igualaron algo.
Os da casa cómodos, defendendo e tentando sair con perigo, e os vermellos, sen atopar un xeito claro de desarbolar o entramado.
No minuto nove e medio o 2-1. Lonxano saque de banda  sen aparente perigo, que sorprendía a Bizza cun chut a cepa do pau.
Rápido chegaría o empate, demostrando que de querer se podía facer.
Contra que monta Luis, tres para un cara Jony que tira ó pau, o rexeite colleo Hugo e cede atrás, onde Jony, agora si, empuxa adentro, 2-2.
A maior igualdade sería a tónica nos minutos finais, e Bizza nun valente man a man refacíase do erro anterior.
Remo cun remate no interior da área,  puido pornos por diante por primeira vez, pero o porteiro con reflexos non o permitía.
Luis tampouco estaría atinado en varios remates cruzados que se írían a rentes do pau. 
A falta de tres minutos xurdían mais problemas para os vermellos. Hugo perde de último home, contra, e Jony remata por meter o balón en propia meta, 3-2.
Xogo de cinco en liza, e a tentar non voltar de Lugo de baleiro. Fixémolo francamente ben, funcionou a pizarra, e Jony no segundo pau empurraba a milimétrica asistencia de Remo, 3-3.
No derradeiro segundo, a escasa fortuna que tivemos en toda a tarde púxose ó noso carón, o errar o  Ribeira un dobre-penalti.
Partido extrano, no que os locais fixeron a sua parte para non quedar de vacío, e no cal os de Nesto, non puideron ou non souberon facerse acreedores da victoria.
 
 
 
 

No hay comentarios: