Vistas de página en total

domingo, 2 de noviembre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 4 A ESTRADA FUTSAL

Extenuante victoria da S.D. Pazos ante a A Estrada Futsal, un conxunto que como xa comentaramos no previo, seguramente estará ata o final pelexando polo titulo ligueiro.
Os seis goles de Luis, apoiados no traballo e bo facer dos Jony, Remo, Santi e compañía, fixeron posible que os tres puntos ficaran na casa. Cabe mencionar a caótica actuación arbitral, perxudicando a ambos equipos notablemente. 
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Jony - Luis e Remo, no banco: Santi, Dani e Borja. Jorge non puido ser da partida por problemas musculares.
O choque comezou parello, con bola para os visitantes e nos a tentar facer dano á contra. Tiñan moi claro o plantexamento os estradenses, elaborar con tranquilidade tentando evitar as nosas transicións, levando así o encontro ó seu terreo.
Logo dun disparo a porta que desbarata provindencial Hugo, tocounos golpear. Estratexia de falta, e Luis estrela o balón no longueiro.
A pelota parada chegaría o 1-0. Outro saque de falta, Remo para Hugo que chuta/asiste ó segundo pau, e Luis no seu hábitat metea dentro, minuto catro e medio.
Baixamos a intensidade nos minutos seguintes, e a A Estrada non ía a desaprobeitar tal situación. A pelota xa case era sua, e non nos deixaban sair con perigo.
No minuto dez,  facíannolo pagar. Fabian, aprobeita a feble defensa vermella e fusila a Bizza, 1-1.
Cortocicuitados, só ós arreóns de coraxe motivados pola grada nos daban alguna posibilidade, Borja a pase de Jony tería unha moi boa.
No once e medio o 1-2. Clara falta a Jony non sinalada, e posterior defensa de chiste que remata co dorsal dous introducindo o balón en propia meta.
Ainda estando mal, tivemos preto a igualada. Luis vaise pola banda e asiste a Santi que acompaña a acción, o remate deste con todo a favor, atópase coa espléndida resposta do porteiro.
A Estrada Futsal estaba a ser mellor e ratificouno no minuto catorce. Boa combinación visitante, Luis perde as costas, e remate a bocaxarro de Kinso ante Bizza, 1-3.
Maniatados, acabamos pedindo o descanso en cinco minutos donde o mellor seguramente foi non sufrir maior castigo. Bizza, tivo que empregarse nun disparo franco.
Sairon espoleados os locais tralo descanso. Ritmo alto, presión, e gañas de darlle motivos a afición para seguir animando.
Debemos recurtar distancias no comezo deste periodo, pero a falta de puntería non nos permitiría facelo.
Santi nun tiro exterior que evitan porteiro e pau, Jony nun zapatazo cruzado que bate no longueiro, e Luis a pase de Remo, mereceron mellor sorte.
Os visitantes, tralo vibrante comezo dos nosos, retomaron o pulso nos seguintes minutos.
O partido estaba nun fio, puidendo decantarse definitivamente, ou ben metendo de cheo ós de Pazos. Por sorte sucedeu isto último.
Minuto sete, mais que posible falta de Bizza, Jony, monta un fulgurante contragolpe e dalla a Luis, quen se vai por banda e de forte trallazo cruzado mándaa ó pau e adentro, 2-3.
O 3-3 en apenas segundos. Saca Bizza sobre Luis que se marcha do seu par, sae o porteiro ó cruce, balón que queda morto no despexe deste, e Luis anota dende o chan.
Taboas no marcador, e gran entremento o ofrecido por ambos ata o final.
Marquitos mándaa ó pau na mellor visitante, e no once, Hugo resulta expulsado por dobre cartón case consecutivo.
Perfecta  execución da superioridade estradense, o que lle permite porse por diante, 3-4 minuto once.
Non se conformaron nin uns nin outros co resultado, e nunha saida de presión chea de calidade de Remo, volvíamos a empatar. Pase en profundidade cara Santi, que cede a Luis para que marque a pracer, 4-4 minuto trece.
Un minuto despois, un balón ó interior da área de Jony cazabao Luis co calcaño, evitando o gol incriblemente o porteiro.
Con todo aberto ata o final, con opcións para os dous, a moeda caeu do noso lado.
A falta dun minuto, Bizza saca longo para Santi, este, collea por coraxe case no corner e cede atrás cara Luis, que quebra o seu marcador para de punteira facer o 5-4.
Delirio nas bancadas, e a sufrir como xa comeza a ser habitual o xogo de cinco.
Defendemos ben, e no derradeiro balón do encontro, Jony roubaba, e Luis batía por alto ó porteiro-xogador. 
Unha parte para cada equipo, nunha contenda que puido irse para calquer lado. Só a labor arbitral, capaz de desquiciar a ambos, desmereceu o espectáculo.   
 
 
    

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Conta tamén que alineastes ó santo aparecido, á virxe da franqueira e ó patrón do pobo

Mon dijo...

Partido extenuante para todos, esta vez coa sorte de cara... esta vez; aínda con santos e todo, MOI BO PARTIDO RAPACES, SEN LOITA NON HAI VICTORIA.

Anónimo dijo...

Cos santos e unha afeccion educada e deportiva, por algo se fala tan ben de vos por toda galicia, a seguirla mamando.

Anónimo dijo...

anonimo,no se quien eres y la verdad no me importa,con santos o sin ellos el resultado no lo mueve nadie ya,lo de la aficcion creo lo dices ironicamente,pero el otro dia si fue una aficion 10,como el equipo.lo de mamando,,,sin comentarios,cada uno se califica asi solo o sola...felicidades equipo y aficion....nesto