Páginas vistas en total

domingo, 1 de marzo de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 1 SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Na tarde de onte o fútbol sala viuse relegado completamente a un segundo plano.
Cando transcorría o minuto once de xogo, Fidel, xogador do Superti, sufría un desafortunado golpe na cabeza contra o chan que o deixaba sen coñecemento durante uns segundos.
O pavillón enmudeceu, como era lóxico ante a gravedade da situación. Logo duns eternos minutos na espera dos servicios de emerxencia, Fidel sería trasladado ó hospital. Por sorte, as boas novas non tardarían en chegar, que era o realmente importante. O resto do encontro xa se convertira nun verdadeiro trámite.
Dar as GRAZAS a tódolos presentes, que se volcaron para solventar a delicada situación o mellor posible, e desexarlle a Fidel unha pronta recuperación.
No meramente deportivo, realmente podemos falar de once minutos, tempo no que o equipo anduvo bastante ben.
5 INICIAL: Jorge - Jonas - Santi - Breixo e Borja, no banco: Bizza, Hugo, José, Remo, Jony e Luis.
Igualado comezou o choque, sendo os visitantes os primeiros en crear perigo. Jorge, solventaba os posibles danos.
Pouco a pouco fómonos impondo, e sería Breixo o que puña a proba ó meta contrario.
Jony, sería o protagonista dos seguintes minutos con tres accións nas que mereceu mellor sorte.
Na primeira, tras irse de dous rivais tirábaa fora por pouco coa zurda, na seguinte, cruzaba en exceso ante o meta, e na terceira, erraba no pase ó segundo cara José.
O Superti volvería a inquedar a Jorge cun tiro exterior, e polos nosos, José, escachaba a bola na cepa do pau.
No minuto dez, Jony, atopaba o que se lle negara anteriormente. O dous, roubaba en media pista, íase do último defensor cun túnel, e ante o porteiro, batíao tamén por entre as pernas coa punteira, 1-0.
O 2-0 segundos despois. Boa xogada colectiva que remata nos pés dun renqueante Luis, quen de punteirazo cruzado ó borde da área deixaba sin opción ó meta.
Aquí rematou o partido, por que no once, sucedía o golpe de Fidel, e todo o de despois xa careceu de importancia.
Retomouse o xogo media hora mais tarde, e a falta de tensión abocábanos ó golazo da tarde.
Minuto doce, corner a prol do Superti, e inapelable volea do dorsal tres que se incrusta en toda a escadra, 2-1.
Jonas e Breixo tentarían darnos maior renta, pero non o lograrían, cousa que si faría Jony a dous minutos da fin. Pase profundo de Jonas por banda, e Jony cruzaba ante a saída do porteiro, 3-1.
O segundo periodo tivo pouco que salientar , posto que todo o mundo estaba completamente desconectado.
Algunha boa combinación deles, Borja para os locais en acción de pivot, Santi ou Jony ó contragolpe, e nada mais.
No derradeiro minuto chegaría o definitivo 4-1. Penalti por clara man a remate de Santi, e Jonas, executaba o lanzamento por donde dormen as arañas.
Unha tarde que prometía un bo espectáculo e que rematou cun terrible susto para todos. Por sorte só quedou niso.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desexar unha pronta recuperación o xogador do superti