Páginas vistas en total

domingo, 6 de septiembre de 2015

PRETEMPADA 2015/16

Este pasado luns a S.D. Pazos Fútbol Sala votou a andar co comezo da pretempada. Un ano mais, e xa van uns cantos, o equipo volta competir na terceira división do fútbol sala nacional.
A idea inicial do club ó remate da tempada pasada era establecer cambios sustanciais, tanto con respecto ó plantel, como a outras parcelas, finalmente non todo se puido levar a cabo.
Conseguir fichaxes xoves, con motivación e compromiso, e que se despracen ata Pazos sen cobrar un peso, a día de hoxe, segue a ser o maior déficit do club.
En canto a colaboradores e axudas externas a cousa non pinta moito mellor, polo que o empeño e traballo do Presidente, Mon e compañía, son quen manteñen con vida esta institución.
Nesto, continuará a cargo do equipo na que será a sua segunda tempada. No seu debe, conseguir unha regularidade que a campaña pasada non se deu a pesar do bo quinto posto final.
No tocante a xogadores, prodúcense variacións salientables ainda que se mantén a base.
Logrouse renovar a pilares considerados básicos e a outros que traballan para selo. Repetirán de vermello: Bizza, José, Luis, Jony, Jonas, Borja, Torres e Breixo.
Abandonan o club por diversos motivos catro xogadores: Jorge, Hugo, Santi e Remo. Darlle a grazas e desexarlle o mellor, eles formaron parte dos nosos maiores éxitos.
As incorporacións confirmadas neste intre son tres: Esteban, cancerbeiro canteirán que regresa a casa tras dous anos, e que ven de defender con éxito a meta da A.D.F.S Bueu.
Mouso, peche ex-Campito F.S. que trata de probar sorte nunha categoría superior. E por último, Marcos Ferreira. Caso aparte merece este nome.
O veterán xogador redondelán, nun increíble estado de forma, cedeu á insistencia de corpo técnico, compañeiros e directiva, e logo de axudarnos a tempada pasada na maior parte dos adestramentos, farao este ano tamén os sábados sobre a pista.
Moita sorte ós tres¡¡¡.
Cun ou dous xogadores mais ós que se está tratando de convencer, daríase por pechado o apartado de altas.
Construiuse un conxunto cunha das seguramente medias de idade mais altas da liga, pero con tantas ganas como anos.
Este ano debe valer para recuperar tempo. Demostrado está, que só co verán non nos da para reclutar novos efectivos que cumplan coas necesidades do club. Haberá que traballar para o futuro dende xa.
 
 
 
 
 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moita sorte nesta temporada!!. Estou con ganas de vervos no iniciio de liga. Oxala o celebremos con unha victoria.

SDXoveFS dijo...

Moita sorte amigos, ogallá este ano teñades a sorte que non tivestes a tempada pasada. Con iso e co gran equipo que tedes seguro que estaredes loitando polos primeiros postos. Ogallá nos poidamos ver na 2016-2017 en Segunda B. Unha Saudo