Vistas de página en total

domingo, 18 de octubre de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 7 - 3 P.E. PRONE LUGO F.S. "B"

Tres puntos mais para a S.D. Pazos nun encontro con dous periodos moi diferenciados, pero no cal no computo global, foise netamente superior.
No primeiro, dominamos claramente, pasando tan só algún apuro en duas accións bastante desafortunadas. No segundo, prácticamente nos limitamos a comparecer.
Seguro que contra equipos mais veteranos que o imberbe conxunto lucense non chega, hai que seguir traballando e mellorando.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Jonas - Jony(1) - Breixo(1) e Borja(2); Bizza, Marcos F., Mouso(1), Torres e Luis(2).
P.E. PRONE LUGO F.S. "B": Alexandre - Juan - Cristian(1) - Diego e Ángel(1); Borja, Wilton, Luis Carlos e Diego C.(1).

GOLES:
  • 0-1 (min.4) Tiro exterior esquinado de Cristian, que bate en Jony despistando a Esteban, da no pau e remata na rede.
  • 1-1 (min.4) Estratexia de corner que convirte Borja de punteirazo.
  • 2-1 (min.5) Rouba Jony, e el mesmo finaliza de tiro cruzado dende a liña de puntos.
  • 3-1 (min.14) Slalom en velocidade de Luis que define no man a man.
  • 3-2 (min.16) Mal pase que pega en Marcos, queda morto e Ángel remata a bocaxarro.
  • 4-2 (min.18) Breixo asiste a Borja que remacha en boca de Gol.
  • 5-2 (min.19) Rouba Jony en defensa, vaise por velocidade e ponlla a Breixo no segundo.
  • 5-3 (min.29) Disparo de falta de Diego C. que se cola por entre as pernas de Esteban.
  • 6-3 (min.37) Roubo no xogo de cinco, Luis recorta ó ultimo defensor e anota a pracer.
  • 7-3 (min.39) Chut de Mouso dende a lateral en superioridade de 4x3 entre as pernas do porteiro.

No hay comentarios: