Vistas de página en total

martes, 27 de octubre de 2015

SUPERTI A PONTENOVA F.S. 5 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Chegou a primeira derrota da tempada, e foi nunha cancha amiga pero na que históricamente non realizamos bos encontros. Comezamos do mellor xeito posible, con gol, pero a maior concentración e intensidade dos locais rematou por borrarnos no primer periodo.
No segundo cambiamola faciana, pero nin así puidemos. Entre Cesar, que se encargou de evitar calquer posibilidade de achegamento, e a contundecia do Superti, quedamos sen opcións.

SUPERTI A PONTENOVA F.S.: Cesar - Keko - Miguelín(1) - Santi(1) e Paulo(P.P.); Isi, Pedro, Alvaro, Fidel(1) e Diego Lamas(2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Jonas(1) - Luis - Breixo e Borja; Esteban, Torres, Mouso, José(1) e Jony.

GOLES:
  • 0-1 (min.1) Corner que saca Jonas, bate en Paulo e despista a Cesar.
  • 1-1 (min.8) Paralela, saida precipitada de Bizza, e gol case sen angulo de Diego Lamas.
  • 2-1 (min.11) Contra, pase da morte dende a lateral e Fidel remacha á rede.
  • 3-1 (min.17) Perda en media pista, e balón ó segundo que empurra Santi.
  • 4-1 (min.24) Bola á área que non conseguen despexar nin Breixo nin Bizza, e bolea adentro de Miguelín.
  • 5-1 (min.26) Enésimo contragolpe e asistencia que finaliza Diego Lamas.
  • 5-2 (min.28) José arranca polo medio e anota en segundo remate.
  • 5-3 (min.39) Jonas de dobre-penalti.
* Ó remate do encontro, Fidel, a modo de agradecemento polo trato recibido en Pazos a tempada pasada cando se lesionou, agasalloulle ós nosos unha merenda en toda regra. GRAZAS FIDEL!!!.
Pola nosa banda, o presidente do equipo, M. Ferreira, fixolle entrega ó xogador  dunha medalla do concello e un reloxo do club.

No hay comentarios: