Vistas de página en total

martes, 3 de noviembre de 2015

5 CORUÑA F.S. 1 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Victoria na Coruña ante un equipo que sempre nos pon as cousas moi difíciles e que nesta ocasión non foi diferente.
O equipo tivo que traballar a reo para acadar estes tres puntos; sólidos en defensa, cun Esteban providencial nalgunha acción, un Marcos F. sobresainte, e sendo bastante contundentes en ataque.
As sensacións nada tiveron que ver coa xornada pasada, con tódolos compoñentes do plantel moi metidos dende o quecemento.
Este, é o Pazos que recoñecemos e todos queremos, gañese ou perdase.

5 CORUÑA F.S. : Alfonso - Daniel - Andrés - David e Presno; Oscar, Jaime, Jesús(1), Pastur, Jorge e Pablo.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Torres - Marcos F. - José e Luis(2); Bizza, Mouso, Jony(2) e Breixo.

GOLES:
  • 1-0 (min.21) Estratexia de corner e tiro exterior de Jesús á escadra.
  • 1-1 (min.22) Pase en profundidade de Marcos F. a Luis que define entre as pernas do porteiro.
  • 1-2 (min.22) Luis xoga con Jony que lla devolve ante a saida do meta, e o dez remacha a rede.
  • 1-3 (min.25) Breixo rouba na presión e asiste a Jony que remata no interior da área.
  • 1-4 (min.38) Jony anota de campo a campo coa zurda logo de facerse coa bola no xogo de cinco local.

No hay comentarios: