Vistas de página en total

lunes, 30 de noviembre de 2015

SANTIAGO FUTSAL "B" 4 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Comentáramos no previo que para gañar en Santa Isabel, os vermellos ían ter que dar algo mais do habitual, pois ben, así o fixeron. Todos, sen excepción, realizaron un gran partido. Concentrados, con fluidez, ben, tanto en defensa coma en ataque, boa estratexia, e sobre todo moito traballo.
Ó noso xuizo, merecemos estes tres puntos que saben a gloria. En gran medida, porque somos coñecedores da dificultade que entraña gañar en Santiago.
Tralos resultados desta xornada, chegamos ó parón da fin de semana aupados á segunda praza.
Os vindeiros enfrontamentos definirán moito a situación, sobre todo a nosa, cun derbi local, e duas saidas durísimas a Ribeira e a A Estrada por diante.
*Agradecer ó Santiago Futsal a sua xentileza ó combidar á nosa expedición a presenciar o encontro previo de primeira división entre eles e o Jumilla F.S. Bodegas Carchelo. 
 
SANTIAGO FUTSAL "B": Sergio - Diego(2) - Xabier - Daniel Quintela e Julio(1); Felipe, Ismael, Victor, Alberto, Adrián e Iago(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.(1) - Jonas(1) - Jony(2) e Borja; Bizza, Mouso(1), José, Luis(1) e Breixo.
 
GOLES:
  • 0-1 (min.14) Contragolpe que leva Mouso, e el mesmo finaliza de punteirazo raso lonxano.
  • 0-2 (min.16) Estratexia de corner ó interior da área que Marcos F. materializa en segundo remate.
  • 1-2 (min.22) Estratexia de banda mal defendida que Julio remacha anticipándose a Marcos F.
  • 1-3 (min.25) Jonas cara Luis que se vai da sua marca, e potente uña á rede. 
  • 2-3 (min.27) Lanzamento de falta directa que convirte Iago. 
  • 2-4 (min.31) Rouba Jony na presión e marca de rápido zurdazo cruzado. 
  • 2-5 (min.34) Jonas pona na escadra de impecable punteira ó borde da área.
  • 2-6 (min.35) Jony faise coa bola no xogo de cinco local e metea dende medio campo.
  • 3-6 (min.36) Diego queda so ante Esteban e pícalla con calidade.
  • 4-6 (min.39) Disparo exterior extraño de Diego que se lle cola a Esteban.

No hay comentarios: