Vistas de página en total

miércoles, 11 de noviembre de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 2 C.P. CASÁS

A S.D. Pazos Fútbol Sala sumou este pasado sábado tres puntos mais que lle permiten manterse outra semana na zona nobre da clasificación.
O partido contra o C.P. Casás, foi deses nos que tanto por maior dominio como por ocasións se debeu gañar comodamente, non se fixo, e o final case rematamos pedindo a hora.
Intercalamos momentos de fluidez e bo xogo, con outros de todo o contrario, e así é difícil ter unha tarde tranquila. De tódolos xeitos, o equipo mostrou coraxe  e gañas, fundamental para seguir ilusionando á bancada.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Torres - M. Ferreira - Jony e Luis(2); Bizza, Mouso, José(1), Jonas(1), Breixo e Borja.
C.P. CASÁS: Illi - Brais - Pablo - Rafa  e Jairo(1); Jesús, David, Julio, Fabián e Pablo(1).

GOLES:
  • 1-0 (min.3) Pase en profundidade de Jonas e punteirazo de Luis axustado ó pau.
  • 1-1 (min.8) Estratexia de saque de banda, e duro disparo raso de Pablo dende a liña de puntos.
  • 2-1 (min.8) Asiste Jonas, e Zurdazo exterior de José coa punteira que entra como un mísil por toda a escadra, para enmarcar. GOLAZO¡¡¡.
  • 2-2 (min.19) Derradeira acción do primeiro tempo. Nova estratexia de banda, e inapelable bolea que roza en Marcos F. deixando a Esteban sen opcións. Golazo tamén.
  • 3-2 (min.24) Elaboración, Marcos para Jonas, quen anota ante Illi por alto.
  • 4-2 (min.38) Rouba Jonas no xogo de cinco visitante, ponlla a Luis, e este escachaa cruzada ante un defensor rival.  

No hay comentarios: