Vistas de página en total

miércoles, 25 de noviembre de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 0 CD BURELA "B" P. RUBÉN

Os vermellos, sumaron unha nova victoria ó seu casilleiro nun encontro no que se amosaron netamente superiores ó seu rival.
O triunfo basouse na efectiva presión exercida polos de Nesto, quenes maniataron por completo ó imberbe conxunto laranxa. Xa ó descanso o partido semellaba moi decantado, no segundo tempo remataría de resolverse.
Puntos importantes estes, que comprimen un chisco mais a parte alta da clasificación tralos empates de primeiro e segundo clasificado. Ainda é cedo, pero parece que a competición non vai permitir moitos despistes para o que queira acabar arriba.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F. - Jonas(1) - Jony e Luis(3); Bizza, Torres(1), Mouso, José, Breixo e Borja.
CD BURELA "B" P. RUBÉN: David - Aitor - Adrián - Diego e Jorge; Adán, Alex, José e Pablo.

GOLES:
  • 1-0 (min.5) Estratexia de corner, e inapelable remate de volea de Jonas.
  • 2-0 (min.13) Rouba Jony na presión e asiste a Luis, quen a pon lonxe do alcance do porteiro.
  • 3-0 (min.14) Luis vaise do seu par en banda, punteirazo cruzado, pau e adentro.
  • 4-0 (min. 23) Jonas pásalla a Luis, e trallazo cruzado que se clava na escadra.
  • 5-0 (min. 28) Bonito amago de Breixo, combina con Torres no interior da área, e este, anota a carón do poste.

No hay comentarios: