Vistas de página en total

lunes, 16 de noviembre de 2015

VILALBA F.S. 3 - 5 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Para o resumo do encontro desta xornada case nos podería valer a da pasada, só que neste, ainda desperdiciamos mais ocasións de gol. A notable actuación do meta local tamén contribuiu a que así fose.
O Vilalba, apoiado na sua incansable afición, vaciouse sobre a pista, poñéndonos en serios apuros, pero finalmente, o partido levouno o que mais meritos fixo.
Segue faltando continuidade no xogo, con lagoas graves en momentos puntuais. Por sorte, estamos sendo quen de solventalas a tempo.
 
VILALBA F.S.: Santiago - Daniel M. - Miguel - Rodrigo(1) e Paulo(1); Senén, Daniel R., José, Sergio, Joel, Roberto(1) e Marcos.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Marcos F.(1) - José - Jonas e Jony(2); Esteban, Torres, Mouso, Breixo, Luis(1) e Borja(1).
 
GOLES:
  • 1-0 (min.2) Incomprensible lei da ventaxa para os nosos que remata coa bola nos pes de Rodrigo, quen fusila a Bizza.
  • 1-1 (min.13) Saque longo de Bizza cara José en posición de Pivot, este deixalla de tacón a Jony, que anota de latigazo ó pau longo.
  • 2-1 (min.17) Paulo recibe un pase en longo e bate a Bizza de tiro cruzado na sua saida.
  • 2-2 (min.22) Marcos F. recibe e marca de rápido tiro exterior.
  • 2-3 (min.30) Triangulación Marcos F. con Jonas, que asiste ó segundo donde chega Luis para anotar.
  • 2-4 (min.32) Rouba Marcos F., contra cara Borja, e o doce anota de punteirazo ante o meta.
  • 3-4 (min.34) Estratexia de corner con bola ó segundo que empurra Roberto.
  • 3-5 (min38.) Corta Borja no xogo de cinco local, e zurdazo de Jony de campo a campo.
 
 
 
 
 

No hay comentarios: